En Novembro de 2008, xestionada pola Asociación de Gaiteiros Galegos, botou a andar en Lugo a Tradescola, unha escola de música tradicional especializada cunha proposta educativa que busca a formación integral para todas e todos aqueles que queiran achegarse á música tradicional con diferentes obxectivos e pretensións, e que que lle permitirá ao alumnado adquirir unha formación integral na música e no baile tradicional.
Coa intención de complementar a formación do alumnado, a maiores das clases semanais impartiranse cursiños monográficos e outras actividades vencelladas coa difusión da cultura tradicional. O obxectivo e ofrecer formación complementaria ao profesorado das asociacións da bisbarra, ao seu alumnado, así como a todas as persoas interesadas na música tradicional.