OS MESTRES

Xosé Lois Romero Cajigal

Ligado dende cativo á música tradicional, a actividade de Xosé Lois Romero desenvólvese a partes iguais entre o acordeón, a percusión e a composición musical.

De formación maiormente autodidacta ten sido alumno de mestres coma Víctor Prieto, Abe Rábade, Suso Atanes, Oleg Sharov, Kepa Junquera ou Anne Landa entre outros.

Dende 1995 é membro do Grupo de Música Tradicional do IGAEM, e paralelamente ten formado parte de grupos coma Lelia Doura ou Luvas Verdes e traballado en proxectos de índole diversa (Nova Galega de Danza, Mercedes Peón, Xabier Díaz, X. M. Budiño, Dani Bellón, Doce polainas enteiras, De pano sedán, Fuxan os ventos, Projecto Ninguém, etc.). A súa traxectoria está avalada por numerosos premios.

Na actualidade conforma o trío Vaamonde, Lamas & Romero, xunto a Suso Vaamonde e Pedro Lamas.

Pedro Lamas

Membro fundador do prestixioso grupo de música tradicional Lelia Doura, na actualidade desempeña a súa faceta como gaiteiro e compositor na formación Luvas Verdes, coa que publica o seu primeiro traballo discográfico: Fandango desesperado (NGD Música, 2005).

Posúe un dos curriculums con máis galardóns no eido da música tradicional, acumulando máis de cincuenta premios no seu haber, entre outros: 1º premio no Concurso de Gaitas de Ponteareas (1996, 1997, 1998, 2001, 2002 e 2003); 1º premio no Memorial Ricardo Portela (2000, 2003 e 2005); 1º premio no Concurso de Cuartetos de Música Tradicional de Sanxenxo (2001, 2002 e 2003).

Músico incorporado á compañía Nova Galega de Danza dende os seus inicios, asume a dirección e composición musical na súa última proposta (Tradicción, 2008) coa que xira na actualidade. Colabora habitualmente con outras formacións e artistas como Xabier Díaz (Coplas para Icía, 2007), Vaamonde, Lamas e Romero (Vellas Artes, 2008), Uxía Senlle (Eterno navegar, 2008) ou Susana Seivane entre outros.

Entre as súas gravacións cóntanse distintas edicións do Concurso de Gaita Constantino Bellón e varias publicacións coas súas composicións nos libros Doce Polainas Enteiras (Edicións do Cumio, 1998), De Pano Sedán (Edicións do Cumio, 2003) e máis recentemente Luvas Verdes: Fandango desesperado. Pezas para gaita, tamboril e bombo (Dos Acordes, 2008).

Luís Correa 'O Caruncho'

Luís Correa 'O Caruncho iniciase na aprendizaxe da gaita en 1989, da man de Maximino Souto Vaqueiro. Foi fundador dos grupos Millaradas e Os Carunchos, e con estos últimos grabou os discos Ala que vai (1998), Sen tempo non era (2002) e Montealegre (2005).

Participa na recuperación activa da regueifa fecendo espectáculos en directo, e fundamentalmente obradoiros en centros de ensinanza. En 1997 interesase na zanfona e aprende a tocar asesorado por Xosé Manuel Fernández e Mª Xosé López, impartindo actualmente clases de este instrumento. Participa en varios proxectos didácticos para escolares. Colabora cos grupos Os Folieiros de Lavadores y Zurrumalla, e hoxe en día é membro fundador de unha nova proposta tradicional, Os Crótalos. Na actualidade está inmerso na elaboración do cuarto disco de Os Carunchos, traballo que compaxina coa impartición de aulas de música e canto tradicional.

Montserrat Rivera Crespo

Directora durante cerca de 9 anos do corpo de baile e pandereteiras da Agrupación Folclórica Cantigas e Agarimos, desenvolve unha incesante actividade como mestra de baile, pandeireta e canto tradicional galego tanto a nivel nacional, como internacional.

Dende o ano 1989, forma parte do grupo de pandereteiras Leilía. Poseedora dun valiosísimo arquivo audiovisual froito de máis de 20 anos de investigación etnográfica, actualmente compaxina a súa vocación docente coa participación como xurado na sección Vai de Baile do programa Luar da TVG, o asesoramento na confección de traxes tradicionais no establecemento A Mouga, a representación artística de destacados grupos de música galega e a actividade artística como compoñente grupos Leilía e Pesdelán

Emilio Mesías Farías

Comezou a recibir clases de Gaita aos 9 anos, na Escola Municipal de Gaita de Ares. Realizou estudos de Piano no Conservatorio Profesional de Música de Ferrol, titulándose máis tarde na especialidade de Solfexo, Teoría da Música, Transporte e Acompañamento.

Formou parte da Banda de Gaitas de Ares e dos grupos Lume, Quer que lle quer, Charabisca e Atahíde, como gaiteiro, acordeonista e teclista. Có grupo Charabisca conseguíu o II Premio no VII Certame de Música Folc, participando na grabación do CD dos gañadores do certame. Publicou, dentro da colección Cadernos de Gaita Galega (Ed. Dos Acordes), o caderno Empezares con composicións para Gaita-Piano.

Posúe unha dilatada experienza no ensino musical en conservatorios, ademáis de impartir docencias sobre temas relacionados coa música tradicional e popular. Na actualidade está a realizar o último curso do Grao Profesional de Música na especialidade de Gaita.

Mª Luisa Dapereira Portela

Esta chairega comeza os seus estudos musicais con dez anos, combinando a súa formación musical académica de acordeón coa de piano. Remata tanto o Grao Medio de Piano coma o de Acordeón no Conservatorio Profesional de Música de Vilalba.

Como acordeonista foi integrante de diversas formacións entre as que cabe destaca-los grupos folc Reviravolta e Caldaloba. Na actualidade é profesora de Acordeón, Piano e Linguaxe Musical na Escola Municipal de Música de Meira, da que é ademáis Directora.

Bruno Villamor Gay

Inicia a súa andanza na música tradicional sendo un neno da man de mestres como Enrique Candal e Pepe Vaamonde. Posteriormente continúa os seus estudos alcanzando o título de gaita en grao medio LOXSE no Conservatorio Profesional de Vilalba baixo a tutela de Xose Ramón Saborido. Actualmente está rematando o grao superior de gaita no Conservatorio Superior de Música de Vigo da man de Rebeca Carrera.

Profesor de Gaita no Conservatorio Profesional de Vilalba e na escola de Música Municipal de Meira. Director artístico da Asociación Cultural Cantigas e Frores de Lugo. É profesor de Gaita e Percusión Tradicional en diversas asociacións culturais das provincias de Lugo e A Coruña. Foi integrante do grupo folc Caldaloba, co que ten grabado o disco As Cores da Música(1999). É membro fundador do Grupo de Música Tradicional Os Miñotos.

Xela Conde

Educada no baile e a música tradicional galega desde os 3 anos, Xela amplía os seus estudos musicais con frauta barroca, linguaxe musical e técnica vocal. Sendo moi moza, forma o grupo Louleada cuxo fin último baseábase no traballo de campo de recuperación etnográfica e a sua posterior divulgación en concertos, exposicións e incluso discos (Trubisqueira). Así mesmo foi membro durante anos no grupo principal de A.C.F. O Fiadeiro como bailadora e pandereteira. Actualmente forma parte da Orquestra Folk Sondeseu. Experimentou coa música folk co grupo Ávalon do que foi membro fundador.

Todas estas experiencias musicais compaxínaas coa docencia tendo impartido clases de música, canto e etnografía, ademais de musicoterapia. Elabora un método co que poder transmitir os seus coñecementos de maneira práctica, sinxela e amena, que vai dende a técnica vocal e o canto tradicional a modelos de notación aplicada e técnicas de investigación etnográfica.

Uxía Cribeiro Galego

Actualmente, mestra en Galén Centro Educativo e profesora de canto na escola de música Cantarela.

Ten formación en canto tradicional , en técnica vocal , percusión tradicional e canto no conservatorio Folque de Lalín, así como un Posgrao en música tradicional pola Universidade de Santiago de Compostela.

Así mesmo posúe experiencia en agrupacións tradicionais. Foi membro no grupo Alfolíes e actualmente é compoñente do grupo Pesdelán.