Asociacion de Gaiteiros Galegos

Concertos didácticos en Castro de Rei e Castro de Ribeiras do Lea

cartaz cdtrad_castro_web

 

Entroido na Tradescola 2020

cartaz trad_entroido2020_web

A Tradescola suma unha nova materia as súas ensinanzas

cartaz novamateria

Neste curso 2019-2020 a Tradescola amplia as súas ensinanzas incorporando ao seu haber a materia "Ritmos e xéneros da música de tradición oral galega. Repertorio instrumental e cantado: Clasificación e análise" que será impartida por Carme López.

Esta materia pode servir para comprender de xeito máis profundo e amplo a música tradicional tanto para intérpretes como para calquera persoa interesada nela. O apoio bibliográfico aportaranos unha visión das publicacións máis relevantes no estudo da música de tradición oral galega, fundamentais para o estudo de calquera tema relacionado con ela. Ademais, o análise musical pode axudar a un mellor entendemento das partituras á hora da interpretación, ademais de ser un punto interesante para a preparación de probas de acceso para o corpo de mestres de música.

A materia ritmos e xéneros pretende abordar a música de tradición oral e popular galega dende unha perspectiva académica próxima á etnomusicoloxía, aportando polo tanto un marco teórico aos diferentes estudos instrumentais que se desenvolven na escola.

A materia divídese en dous grandes bloques: por unha banda a clasificación en ritmos e xéneros das melodías da tradición oral e popular galega, e por outra banda o seu análise.
En canto á clasificación, esta materia axudará a crear unha visión ampla e xeral da música de tradición oral, intentando axuntar diferentes criterios de clasificación e descrición destas músicas, atendendo á gran disparidade de pautas á hora de abordar este tipo de coñecemento. Para isto, as fontes documentais fundamentais para esta materia asentaranse nos diferentes cancioneiros que se dedican á música de tradición oral galega ademais de diferentes estudos e publicacións musicolóxicas tanto a nivel galego como estatal. Todo isto tendo como finalidade a proposta dunha tipoloxía de clasificación que se apoie nas distintas visións dos estudosos do tema pero sen esquecerse da fonte fundamental: as e os informantes que son verdadeiros protagonistas de todo isto, responsables da preservación da transmisión da tradición. Ademais, vencellarase toda a formación teórica coa escoita de audicións que exemplifiquen o estudado.

Sobre o análise debemos facer fincapé na diferenza de base do análise de músicas de tradición oral respecto da música académica. Debido á natureza diversa de ambas, fai necesario que cadansúa conten cun análise particular, centrado nas características propias de cada música. Deste xeito proponse para a materia un análise de música de tradición oral baseado nos estudos de Dorothée Shubarth e Sergio de la Ossa.

HORARIOS TRADESCOLA 2019/2020

Tradebanner

 

 

 


Os horarios no vindeiro curso 2019-2020 na Tradescola: 

*Consulta no tlf. 982229966 ou no correo Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo a clase que che corresponde según o teu nivel (iniciación ou avanzado) :)

Gaita:

luns de 16.00 a 19.00 horas

Martes : de 18.00 a 19.00

Mércores: de 16.00 a 22.00

Xoves: de 11.00 a 13.00 e de 15.00 a 18.00

Requinta:

Xoves de 18.00 a 19.00

Zanfona:

Xoves de 17.00 a 22.00

Baile tradicional (adultos)

martes de 19.00 a 22.00 horas

Percusión:

Martes de 19.00 a 21.00 horas, mércores de 16.00 a 22.00 e xoves de 12.00 a 13.00 e de 16.00 a 17.00

Linguaxe musical (adultos)

Luns de 20.00 a 22.00 e martes de 20.00 a 22.00

Canto tradicional:

Luns de 17.00 a 21.00

Martes de 17.00 a 20.00 horas

e xoves de 18.30 a 21.30

Pandeira

Martes de 20.00 a 21.00 horas

Acordeón

Luns de 19.00 a 21.00 horas, martes de 18.00 a 19.00 horas e mércores de 17.00 a 22.00

Combo nen@s (iniciación a música e o baile tradicional)

Martes de 17.00 a 20.00 horas

Linguaxe musical nen@s

Luns de 16 a 20

Martes de 16.30 a 20.00

 

 

Concerto didáctico da Tradescola en Baralla

cartaz cdtrad_baralla

Páxina 2 de 3