Actividades
Concurso de debuxo de Nadal TRADESCOLA
14.12.18
Concurso de debuxo de Nadal TRADESCOLA-
Asociación de Gaiteir@s Galeg@s
UN NADAL CHEO DE MÚSICA E BAILE TRADICIONAL GALEGO
O concurso rexerase polas seguintes
BASES:
1- Poderán participar as nenas e nenos alumnos da Tradescola (dende os 4 ata os 13 anos) Cada concursante poderá entregar só un debuxo que debe estar realizado á man usando ceras, lápices, rotuladores, acuarelas, ou similares.
2- Os contidos e as formas dos debuxos son libres, pero todos tratarán sobre un Nadal cheo de música e baile tradicional galego. Poderanse presentar nunha única folla de papel de tamaño A4. No dorso do debuxo farase constar o nome e apelidos d@ nen@
3- Os debuxos deberanse presentar na oficina da Tradescola ata o 19 de Decembro do 2018. Haberá 3 categorías: de 4 a 6 anos, de 7 a 9 anos, de 10 a 13 anos.
4- O xurado estará composto por membros do profesorado da Tradescola, que seleccionarán @s gañador@s que serán premiad@s con material didáctico de música tradicional.
5- O fallo do xurado será inapelable; o nome dos autores e autoras seleccionados farase público no corcho da TRADESCOLA.
7- A AGG poderá publicar, utilizar, expoñer e difundir a imaxe dos debuxos presentados así como o nome dos seus autores.
8- Os debuxos recibidos estarán expostos na Tradescola ata o día 15 de xaneiro de 2019
9- O feito de participar neste certame implica a plena aceptación das presentes bases.
Curso 2018-2019 na Tradescola
19.02.16
Chega setembro e na TRADESCOLA, o centro de ensino de música e de baile tradicional xestionado pola Asociación de Gaiteir@s Galeg@s en Lugo, abrimos o prazo de matrícula para nov@s alumn@s nas aulas de música e baile tradicional (nen@s e adultos) para o curso 2018/2019, que se iniciará o 17 de setembro. (O prazo de matrícula estará aberto dende o día 5 ata o día 21 de setembro).
Na Tradescola impartimos as seguintes materias: gaita, zanfona, acordeón, baile tradicional, pandeiro, canto e pandeireta, percusión, requinta e linguaxe musical ademais de aulas específicas para os máis pequenos. (*consúltanos disponibilidade de horarios antes de realizar a matrícula)
Tamén continuamos ofertando o novo itinerario profesional que ten como finalidade proporcionar ao alumnado unha formación coa que garantir a cualificación dos futuros profesionais que serán quen de continuar coa transmisión e exposición do noso patrimonio. Este novo itinerario impártese paralelamente ás aulas xa existentes, que continuarán como en anos anteriores.
MATRÍCULA NA TRADESCOLA
A Tradescola oferta as materias de gaita, zanfona, acordeón, baile tradicional, pandeiro, canto e pandeireta, percusión, requinta e linguaxe musical, ademais de aulas específicas para os máis pequenos.
Na escola poden inscribirse alumn@s a partir de 4 anos, en niveles de iniciación ou perfeccionamento.
As clases impártense en horario de tarde*, de luns a venres, e o curso iniciarase o vindeiro 17 de setembro.(algunhas materias contan tamén con horarios de mañá)
Podes solicitar máis información nos locais da Tradescola (Centro Lug 2 - Rúa Pintor Corredoira Nº4 - Lugo ) en horario de 11.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 18.00 horas, chamando ó teléfono 982229966 ou a través do correo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
Para coñecer as actividades organizadas pola Tradescola e a Asoción de Gaiteir@s Galeg@s, mais as novidades relevantes no ámbito da música tradicional, visita á páxina de facebook da Tradescola ou a sección novas da web gaiteirosgalegos.gal
Novo itinerario Tradescola
26.04.12
A Asociación de Gaiteir@s Galeg@s (AGG) traballa día a día na busca de xeitos de mellora para acadar os seus obxectivos finais, promocionar e transmitir a música, o canto, o baile e outras tradicións culturais galegas. As nosas tradicións forman parte da nosa riqueza cultural e é o noso deber como pobo conservalas e dalas a coñecer. Conscientes disto, a AGG, como entidade sen ánimo de lucro que traballa en prol da cultura tradicional galega dende o ano 1988, comprende a necesidade de apostar pola educación como un dos piares fundamentais para a conservación, coñecemento e divulgación da nosa música.
Froito deste traballo, a Asociación de Gaiteir@s Galeg@s amplia no curso 2016/2017 o proxecto da Tradescola (escola de música, canto e baile tradicional xestionada pola AGG na cidade de Lugo) coa posta en marcha dun novo itinerario profesional que terá como finalidade proporcionar ao alumnado unha formación coa que garantir a cualificación dos futuros profesionais que serán quen de continuar coa transmisión e exposición do noso patrimonio. Este novo itinerario impartirase paralelamente ás aulas xa existentes, que continuarán como en anos anteriores.
Para conseguir estes obxectivos, organízase un Plan de Estudos no que se estipulan dous Ciclos, onde se organizan as asignaturas comúns e instrumentais, así como os cursos dos que constan ditos estudos.
A finalidade do 1º Ciclo é promover a autonomía do alumnado para que a súa capacidade de expresión musical e do movemento adquira a calidade que permita acceder ao 2º Ciclo, dirixido este máis á comprensión, práctica en conxunto e especialización.
Será no vindeiro mes de outubro cando a Tradescola poña en funcionamento este novo itinerario, que constará dun primeiro bloque de 4 cursos de nivel elemental (para nen@s a partir dos 8 anos) ,e dun segundo bloque con outros 4 cursos de nivel profesional (idade mínima 13/14 anos) ao que se poderá acceder mediante unha proba.
No curso 2016/2017 poñerase en funcionamento o primeiro dos cursos de cada bloque, que constará das seguintes materias:
1º Curso - Bloque de nivel elemental: Nen@s a partir dos 8 anos.
Constará de dúas materias:
- Instrumento principal /ou voz/ou baile
- Linguaxe musical, educación auditiva, e cantos, xogos, bailes e iniciación á percusión.
1º Curso - Bloque de nivel profesional: Acceso mediante proba.
Constará de catro materias:
- Instrumento principal (1/2 hora individual) ou Voz (1hora colectiva) ou Baile (1 hora e media colectiva)
- Ritmos e Xéneros da Música Tradicional. Repertorio instrumental e cantado. Clasificación e Análise (1 hora colectiva)
- Canto tradicional, baile ou instrumento (dependendo de cal sexa o instrumento principal) (1 hora colectiva)
- Conxunto instrumental (1 hora colectiva)
Para obter máis información sobre o novo itinerario podese poñer en contacto coa Tradescola no teléfono 982229966, no mail Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo ou nas súas oficinas da Rúa Pintor Corredoira nº 4 – Lugo (LUG2).
Páxina 2 de 2