Curso 2018-2019 na Tradescola
Venres, 19 Febreiro 2016 10:01
Chega setembro e na TRADESCOLA, o centro de ensino de música e de baile tradicional xestionado pola Asociación de Gaiteir@s Galeg@s en Lugo, abrimos o prazo de matrícula para nov@s alumn@s nas aulas de música e baile tradicional (nen@s e adultos) para o curso 2018/2019, que se iniciará o 17 de setembro. (O prazo de matrícula estará aberto dende o día 5 ata o día 21 de setembro).
Na Tradescola impartimos as seguintes materias: gaita, zanfona, acordeón, baile tradicional, pandeiro, canto e pandeireta, percusión, requinta e linguaxe musical ademais de aulas específicas para os máis pequenos. (*consúltanos disponibilidade de horarios antes de realizar a matrícula)
Tamén continuamos ofertando o novo itinerario profesional que ten como finalidade proporcionar ao alumnado unha formación coa que garantir a cualificación dos futuros profesionais que serán quen de continuar coa transmisión e exposición do noso patrimonio. Este novo itinerario impártese paralelamente ás aulas xa existentes, que continuarán como en anos anteriores.
MATRÍCULA NA TRADESCOLA
A Tradescola oferta as materias de gaita, zanfona, acordeón, baile tradicional, pandeiro, canto e pandeireta, percusión, requinta e linguaxe musical, ademais de aulas específicas para os máis pequenos.
Na escola poden inscribirse alumn@s a partir de 4 anos, en niveles de iniciación ou perfeccionamento.
As clases impártense en horario de tarde*, de luns a venres, e o curso iniciarase o vindeiro 17 de setembro.(algunhas materias contan tamén con horarios de mañá)
Podes solicitar máis información nos locais da Tradescola (Centro Lug 2 - Rúa Pintor Corredoira Nº4 - Lugo ) en horario de 11.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 18.00 horas, chamando ó teléfono 982229966 ou a través do correo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
Para coñecer as actividades organizadas pola Tradescola e a Asoción de Gaiteir@s Galeg@s, mais as novidades relevantes no ámbito da música tradicional, visita á páxina de facebook da Tradescola ou a sección novas da web gaiteirosgalegos.gal