Axenda
Evento
- Título:
- Samaín en Redondela
- Cando:
- 31.10.2011 17.30 h
- Onde:
- Redondela
- Categoría:
- Festas Populares
Descrición
A noite do 31 de outubro, celebración do Samaín, comeza o ano novo Celta e a súa festa en honra dos defuntos, que marca a transición ao inverno.
A Asociación para o Desenvolvemento Sociocomunitario Xoeira organiza, coa colaboración da Asociación Cultural do Viso, Asubíos de Portocedeira e Millo Verde, o domingo 31 de outubro no albergue de pelegríns CASA DA TORRE de Redondela a IV Festa do Samaín.
- A festa comezará ás 17:30 horas coa posta en marcha de diferentes obradoiros para os máis pequenos (caracterización, cabazas e broches; pódese vir disfrazado e traer unha cabaza) e xogos populares. Estas actividades desenrolaranse ata as 20:30 horas.
- Posteriormente, a partir das 19.00 horas a quenda será para o tradicional magosto.
- De 20:30 a 21:30 horas actuará PETER PUNK
- A partir das 21.30 horas comezará o serán popular, con preparación e degustación de queimada.
O obxectivo desta celebración é dar a coñecer a toda a veciñanza a festividade do Samaín cómo festa tradicional e cultural, recuperándoa do esquecemento.
Ubicación
- Ubicación
- Redondela
- Cidade:
- Redondela
- Estado / Provincia:
- Pontevedra
- País:
Descrición
EventList powered by schlu.net