Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Axenda / Detalles - Os Carunchos no Liceum

EMAIL Imprimir

Axenda

Evento 

Título:
Os Carunchos no Liceum
Cando:
21.10.2011 23.30 h
Onde:
Bar Liceum - O Porriño
Categoría:
Concertos

Descrición

A próxima semana o venres voltan Os Carunchos. Nace o grupo a finais de 1994 coa idea de mesturar temas cantados co repertorio de gaiteiros solistas, conseguindo naquel momento unha formación nova e orixinal coa que Os Carunchos participan nos máis importantes festivais folk do país. Gaita solista, percusións varias, polifonía nas voces e o acompañamento da zanfona, xunto con vellas e novas cantigas tan que os directos de Os Carunchos sexan unha verdadeira festa chea de forza e diversión. No ano 1998 gravaron o primeiro CD que leva por nome ¡Ala, que vai! Neste traballo fan un resumo dos primeiros catro anos de vida, gravando cantigas e melodías de nova composición, e os máis antigos romances ou pezas populares. No 2002 gravan o segundo traballo, Sen tempo non era. Inclúen novos instrumentos no son do grupo (óboe, frauta traveseira, requinta...) e seguen a empregar letras de autor e compoñendo algunhas das súas melodías. No 2005, e pasado o décimo aniversario, celebrárono gravando o terceiro disco, Montealegre, no que aparecen novos instrumentos e temas tanto tradicionais como de diversos compositores da nosa terra. Unha vez máis apostan pola cultura de aquí facendo un disco fresco e cheo de ritmo, apostando pola nosa lingua e polos nosos instrumentos. Rescatan vellas cantigas da tradición oral e introducen novas composicións para o xa extenso repertorio da música galega. No ano 2009 editan o último traballo, titulado En Galego, no que o grupo propón unha escolma de temas de moi diversa orixe, coma sempre, temas da tradición popular galega e portuguesa, de repertorio de gaiteiros galegos e dos coros tradicionais, temas compostos por autores galegos ou membros do grupo con contidos reivindicativos en defensa da lingua galega. Nos seus directos poderedes disfrutar da forza do folk tradicional, así como da variedade de timbres, tonalidades e ritmos da nosa música, da nosa poesía popular, dos vellos e novos romances, etc. Os Carunchos son: Luís E. Correa Piñeiro, Pablo Rial Salqueiro, Guillerme Rivas Fervenza, Isaac Teniente Molinos e Alberto Costas. En todos estes anos teñen compartido escenario con: Na Lúa, Leilía, Berrogüetto, Os Cempés, Treixadura, Ardentía, Chouteira, Luar na Lubre, ... Algúns dos festivais nos que teñen participado son: Festival de Pardiñas, Herba e Son, San Froilán, Festival de Bretoña, Festival Internacional de Ordino (Andorra), Festival de Leiloio, Festival folk de Vilariño, Festa do S. Joao de Évora (Portugal), IV Festival da Terra e da Língua, FestiGal (Santiago), EsmorgaFolk (Bandeira). No ano 2007 participaron na primeira edición do circuito 4X4 “Voces Tradicionais”. Tamén teñen participado en programas da tvg: Luar, Mundo Verbena, Alalá, ...
www.ghastaspista.com/carunchos.php
www.youtube.com/watch?v=zu-c2W6hozQ
Será o venres 21 as 23h30 horas. Os prezos 6 euros normal, 5 euros anticipada e 3 para socios.

Ubicación

Ubicación
Bar Liceum   -   Sitio Web
Rúa:
Ramón González, 16
CP:
36400
Cidade:
O Porriño
Estado / Provincia:
Pontevedra
País:
País: es

Descrición

Sentímolo, pero non hai unha descrición dispoñible