Axenda
Evento
- Título:
- X Premios Opinión de Música Folk
- Cando:
- 28.10.2011 20.30 h
- Onde:
- A Coruña
- Categoría:
- Homenaxes / Premios
Descrición
O vindeiro 28 de outubro nas táboas do teatro Colón, tendo o horario de comezo fixado para as 20:30 horas, terá lugar a gala X Premios Opinión de música Folk que premia os tres mellores discos anuais do folk galego.
Ese venres haberá unha nova cita para que os amantes do folk disfruten coas actuacións previstas para a ocasión. Nesta edición houbo un empate para o primeiro lugar entre Mercedes Peón, polo disco Sós, e a orquestra folk SondeSeu, por Barlovento, quedando a terceira posición para o grupo Berrogüetto.
O público presente poderá ollar o espectáculo de ver a corenta persoas enriba do escenario. Os vigueses SondeSeu, que xa actuaran noutra ocasión na gala, posto que xa teñen dous galardóns acadados, volverán amosar aos presentes a intensidade escénica posta ao servizo dos sons tradicionais do noso país cos arranxos pertinentes para unha formación desas características, que nesta obra premiada foron efectuados, na meirande parte, por Rodrigo Romaní.
A gran novidade para esta festa da música de raíz é a presenza dunha banda creada especialmente para este acontecemento, que contará coa dirección musical do gaiteiro e saxofonista Pedro Lamas. Este reputado músico forma parte do trío Vaamonde, Lamas e Romero, exerce de director musical en Nova Galega de Danza e forma parte do cuarteto tradicional Luvas Verdes, ademais de ser un artista moi solicitado polos seus colegas á hora de realizar diferentes colaboracións. O nome desta nova formación é Axada e como unha das súas características principais contará cunha sección de metal, feito novidoso no panorama do folk galego, formada por saxofóns, trompeta e trombóns que acompañarán no conxunto a instrumentos máis cotiáns na música de raíz como acordeón, guitarra, violín, gaita, contrabaixo e percusións.
A banda realizará versións de temas incluídos en traballos que gañaran no seu momento un PREMIO OPINIÓN. Serán sete as pezas a interpretar, catro deles instrumentais e tres cantadas.
Outra aposta desa noite festiva será a presenza como voz do grupo para as cancións da lalinense Begoña Lorenzo.
Ubicación
- Ubicación
- A Coruña
- Cidade:
- A Coruña
- Estado / Provincia:
- A Coruña
- País:
Descrición
EventList powered by schlu.net