Axenda
Evento
- Título:
- Budiño na Feira do Románico de Negreira
- Cando:
- 03.09.2011 23.00 h
- Onde:
- Negreira
- Categoría:
- Concertos
Descrición
O afamado gaiteiro de Moaña Xosé Manuel Budiño presentará este sábado (23 horas) o seu último traballo, Volta, no transcurso da Feira do Románico de Negreira, erixíndose na grande atracción musical coa que se pechará o primeiro día da Feira, que terá espectáculos de cetraría, duelo de espadachíns, tiro con arco, xogos para nenos e seres máxicos.
O famoso trobador medieval Afonso Eanes de Cotón volverá, oito séculos despois, á súa terra natal da Barcala para participar activamente na Feira do Románico, onde estarán tamén outros seres propios da mitoloxía galega como o coñecido Trasno Antón.
A feira tamén tivo en conta aos máis pequenos, que son os que máis gozan nestes eventos, e permanentemente durante o día haberá unha ludoteca e actividades ideadas expresamente para eles.
Ademais dos xogos populares, deseñouse un concurso de competición e destreza baseado no programa Uno para gañar. A asociación Cabaleiros de Negreira tamén acode a esta cita prestando a súa animación de ponis durante o sábado pola tarde e o domingo pola mañá.
E como os maiores tamén queren pasarllo ben, non faltarán a cetraría a cargo de Falcóns Galicia, o tiro con arco da man de Sagitax Galicia, o teatro na rúa, o espectáculo de Queimada culminado polo concerto do coñecido gaiteiro Xosé Manuel Budiño, que terá lugar nas inmediacións da feira o sábado ás once da noite. Ata ese momento e durante todo o domingo, os encargados de poñer o ton musical serán o grupo Os Mercenarios. E nas casetas do pazo do Cotón haberá de todo.

Ubicación
- Ubicación
- Negreira
- Cidade:
- Negreira
- Estado / Provincia:
- A Coruña
Descrición
Sentímolo, pero non hai unha descrición dispoñible
EventList powered by schlu.net