Este venres, 17 de xuño, participaremos no último Venrespirar da tempada, que terá lugar no Bar Miguel (Praza San Martiño – Ourense).
A partir das 20:30 e ata ás 21:30, no VENRESPIRIÑO os mais pequenos poderán gozar con bailes e xogos tradicionais bailados guiados por Luis Prego.
Das 22:30 en diante comezará o VENRESPIRAR. Intervirán as pandereteiras Adonairare e nós, as pandereteiras OS MUIÑOS DE OLIVEIRA, acompañadas por GOMES-AOFTOU). Miguel Sotelo e Luis Prego guiarán o baile.
Non faltedes que a festa está asegurada!!!
EventList powered by schlu.net