Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Axenda / Detalles - Concerto de Pesdelán

EMAIL Imprimir

Axenda

Evento 

Título:
Concerto de Pesdelán
Cando:
22.06.2011 20.30 h
Onde:
Santa Comba
Categoría:
Concertos

Descrición

22 xuño 9.30h Santa Comba (A Coruña)

Pesdelán é un proxeto de música para baile. Levan vendidas máis de 3000 copias do seu primeiro disco Na punta do pé, en tan so en 5 meses.

Pretenden cambiar o concepto de público espectador polo de público participante.

Pesdelán xurde no 2008 da unión de reputados músicos, bailadores e mestres de coñecidas formacións musicais de Galicia e Portugal (Leilía, Susana Seivane Grupo, Xochilmica, Montelunai, Pula-lle-o-pe, etc.). 

O seu repertorio abrangue temas tradicionais galegos e portugueses arranxados de xeito orixinal e divertido.

Sorprendeu nas festas do Apóstolo de Santiago de Compostela no 2008 facendo participar a centos de persoas, no Festival dos Abrazos da mesma cidade, en Barcelona, Quart de Poblet (Valencia), Festival San Froilanciño (Lugo)...

É moito máis que un grupo de música: mediante a música en vivo e o ensino de bailes e xogos sinxelos, pretende recuperar o espírito participativo das festas. 

Unha proposta novidosa e atrevida cunha dobre finalidade : substituír o concepto de público espectador polo de público participante, e como non, pasalo ben.

"Aínda que moitos de vos non movérades nunca un pé, iso non é un problema: 

o que facemos é ir aprendendo dunha forma divertida os pasos de baile de cada un dos temas, para despois bailalos todos xuntos."

Na punta do pé é o título do primeiro traballo de Pesdelán. 

Un libro-CD-DVD que anima a aprender cancións, bailes e xogos do patrimonio tradicional galego e portugués dun xeito divertido e participativo.

Unha proposta didáctica dirixida por Mercedes Prieto e Montse Rivera coa produción musical de Pedro Pascual e colaboracións como Guadi Galego ou Celina Piedade.

O traballo publicado en Galicia e Portugal (Pezinhos de lã) pola editorial Kalandraka, conta ademáis coas ilustracións de João Vaz de Carvalho, un dos debuxantes máis relevantes do actual panorama artístico en Portugal e leva vendidas máis de 3000 copias en tan so cinco meses.


 

Ubicación

Mapa
Ubicación
Santa Comba
Rúa:
-
CP:
-
Cidade:
Santa Comba
Estado / Provincia:
A Coruña
País:
País: es

Descrición

Sentímolo, pero non hai unha descrición dispoñible