Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Axenda / Detalles - XXII Concurso de Música Tradicional Xacarandaina

EMAIL Imprimir

Axenda

Evento 

Título:
XXII Concurso de Música Tradicional Xacarandaina
Cando:
05.06.2011 
Onde:
A Coruña
Categoría:
Concurso

Descrición

A música é indispensable para o baile pero tamén ten entidade propia na tradición galega, acompaña momentos de festa e ameniza duras xornadas de traballo. Unha importantísima variedade de letras, toques, xeitos de cantar e tocar e tamén parte da tradición oral  son transmitidas entre xeracións grazas aos cantos das mulleres e dos homes. Estas realizando cantos de berce e de labor e eles a través dos seus cantos de arrieiro ou de taberna. Por todo isto a Asociación Cultural Xacarandaina convoca desde o ano 1990 o Concurso de Música Tradicional Xacarandaina cos obxectivos de espallamento, difusión e dignificación da importante música galega.

No acto poderán participar grupos de Asociacións Folclóricas, Recreativas, Culturais, de Veciños, Centros Parroquiais etc. 

Accede aquí á información da edición actual do Concurso  de Música Tradicional Xacarandaina.

Modalidades

Tradicionalmente consta de 2 modalidades:

  • Pandereteiras ou pandereteiros.
  • Cuartetos, quintetos ou sextetos, que levarán unicamente gaita e percusión tradicional galega.

Como novidade, na edición XXII correspondente ó ano 2011 incorpórase a modalidade de Gaiteiro Solista.

Neste Concurso  de Música é obrigatorio o uso do traxe tradicional e o tempo límite será de 5 minutos. De incumplir calquera destas dúas normas os grupos serán descualificados.

 

Categorías

Na modalidade de pandereteira hai, a súa vez, 4 categorías:

Categoría A (ata 9 anos inclusive).

Categoría B (de 10 a 13 anos inclusive).

Categoría C (de 14 a 17 anos inclusive).

Categoría D (de 18 anos en adiante).

Na modalidade de cuartetos, quintetos e sextetos establécense finalmente duas categorías neste ano 2011:

Categoría A: ata 16 anos inclusive.

Categoría B: de 17 anos en adiante.

Para a nova modalidade de gaiteiro solista establécese unha única categoría.

A categoría determinarase pola media das idades dos componentes, e ningún deles superará o límite da categoría en máis de dous anos.

Criterios

No momento da cualificación, o xurado terá en conta:

  • Autenticidade da peza.
     
  • Dificultade da mesma.
     
  • Afinación e interpretación.

A Organización e máis o Xurado resérvanse o dereito a esixir o DNI ou Libro de Familia no momento da presentación dos grupos ou na deliberación do Xurado.

É capacidade do Xurado a declaración de premio deserto en calquera das categorías.

Así mesmo, a Organización pode desestimar a realización de parte do Concurso en función do número de inscritos para asegurar a competitividade e equidade do mesmo.

Premios
En cada categoría agasallarase aos gañadores con trofeo ou premio en metálico segundo a súa clasificación, así como colaboracións dos patrocinadores do concurso.

Bases 

O concurso terá lugar o domingo 5 de xuño no Teatro Rosalía de Castro da Coruña, sito na rúa Rego de Auga, 37. Está previsto que o concurso se desenvolva ó longo de todo o día, mañá e tarde, incluíndo a entrega de premios correspondente.

Ubicación

Ubicación
A Coruña
Cidade:
A Coruña
Estado / Provincia:
A Coruña
País:
País: es

Descrición

Sentímolo, pero non hai unha descrición dispoñible