Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Axenda / Detalles - III Xornadas de Música Tradicional en Balboa

EMAIL Imprimir

Axenda

Evento 

Título:
III Xornadas de Música Tradicional en Balboa
Cando:
20.05.2011 - 22.05.2011 
Onde:
Ponferrada
Categoría:
Xornadas

Descrición

Entre os días 20, 21 e 22 de maio de 2011 celebraranse na localidade de BALBOA as III Xornadas de Música Tradicional, que como en anos anteriores están dirixidas a ofrecer diferentes cursos especializados nalgún campo da música e as demais artes folclóricas e tradicionais.

Nesta 3ª edición impartiranse:

Taller de gaita galega con Daniel Bellón.
Taller de baile tradicional con Montse Rivera.
Taller de técnica vocal e pandeireta con Fco. Javier Feijoo "Chisco".
Taller de Rabel con Xuacu Amieva.

(Prema no título para ver a nova ao completo).

ACTIVIDADES PARA OS DÍAS 20, 21 E 22 DE MAIO.

Exposición de gaitas, requintas e frautas por Cristobal Prieto.

Conferencia sobre o rabel na provincia de León (Domingo 22 de maio, 20.00 horas). Presentación do traballo "CANTAR DE CRINAS" a cargo de Francisco Velasco Díez e Neves Curral Ortega. Instituto Leonés de Antropoloxía e Desenvolvemento Rural.

Durante as III Xornadas actuarán os grupos: Non Combaro,
L ´ Arcu la Vieya,
Banda de Gaitas Castro Bergidum,
Pesdelán (presentando o novo proxecto "Na punta do pé")
e a Banda de Gaitas Abelladeira,
ademais de ter o escenario aberto para todos os que queiran participar. Jam Session.

Máis información:
http://jornadasmusicatradicional.blogspot.com/

Ubicación

Mapa
Ubicación
Balboa
Rúa:
-
CP:
-
Cidade:
Ponferrada
País:
País: es

Descrición

Sentímolo, pero non hai unha descrición dispoñible