Axenda
Evento
- Título:
- Riobó presenta o seu novo disco en FNAC Coruña
- Cando:
- 20.05.2011 19.30 h
- Onde:
- A Coruña
- Categoría:
- Concertos
Descrición
O vindeiro venres 20 de Maio, Riobó achégase atá FNAC Coruña para presentar cun pequeno concerto acústico, a partires das 19:30, o seu novo traballo discográfico. Un traballo que baixo un mesmo título nomea a un grupo, un disco, e a unha das mellores violinistas folk do momento, Begoña Riobó. Un “mapa da xeografía das emocións”, como ben di o escritor galego Francisco Castro, que se caracteriza polo virtuosismo dos seus músicos á hora de arranxar e interpretar melodías da tradición galega, sendo fieis ás súas formas e orixe.
Begoña Riobó é, actualmente, a violinista con maior proxección no panorama musical galego. Cunha destacada traxectoria artística, na que formou parte das bandas de Carlos Núñez, Susana Seivane, Anxo Lorenzo ou Sondeseu, presétase como a primeira violinista folk galega en liderar o seu propio proxecto.
Acompañando a Begoña, en “Riobó” atópanse catro recoñecidos músicos cunha sólida traxectoria, habituais nos principais proxectos musicais de Galicia. Son Fernando Barroso (Guitarra), Marcos Campos (gaita, acordeón e frautas), Xosé Liz (bouzouki), e Fernando Pérez (Frautas e requinta).
Ubicación
- Ubicación
- A Coruña
- Cidade:
- A Coruña
- Estado / Provincia:
- A Coruña
- País:
Descrición
EventList powered by schlu.net