Axenda
Evento
- Título:
- Tarde de baile e música popular na Praza de Abastos de Marín
- Cando:
- 07.05.2011 20.00 h
- Onde:
- Marin
- Categoría:
- Concertos
Descrición
Tarde de baile e música popular na Praza de Abastos de Marín con Carlos Quintá e Benxamín Otero e amig@s e Marcelo González coma guía de baile. Este baile está dentro das actividades para dinamizar o renovado espazo multiusos.
O Baile Assalto é unha festa aberta nun local urbano que consiste nun encontro non competitivo para bailar coa música popular. Música ao vivo con grupos de música tradicional: acordeóns, violíns, percusión, zanfona, gaitas,... que interpretan ritmos bailabeis soltos (jotas, muiñeiras) e agarrados (valses, polcas, mazurkas,chotis,...) da música galega con incursións en ritmos europeos (an dro, bourrée,...).
Unha boa festa para músicos, bailaríns e “miróns” que poden participar desde a barra do bolinche desfrutando do baile dos demais.
De seguido, varios grupos de músicos interpretarán diferentes pezas e os temas estarán guiado por unha persoa que anuncia os ritmos e que guia o baile.
Trátase dunha excusa para divertirse rememorando as festas nas que os nosos avós “quedaban” para bailar.
Ubicación
- Ubicación
- Marín
- Cidade:
- Marin
- Estado / Provincia:
- Pontevedra
Descrición
EventList powered by schlu.net