Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio

imaxe rifas pardiasXa están a venda as rifas para o sorteo de instrumentos de música tradicional AGG - XXVI Mostra de intrumentos de música tradicional Pardiñas 2019 que se celebrará os días 3 e 4 de agosto en Pardiñas, Guitiriz , Lugo.

Os instrumentos que se sortean este ano son: 

Unha gaita, un tambor, un pandeiro e unha pandeireta!!

Serán froito, a gaita: do traballo colaborativo de "Os canallas", (Alberto Pires, Oli Xiráldez, Benito Queimaliños, Afonso Castro, Patricia González e Pablo Martínez) que de novo se volven a poñer mans a obra para crear este instrumento único para a ocasión, o tambor é unha doazón do obradoiro "Manels Percusión", o pandeiro é unha doazón de "Xosé Tunhas Percusión"e a pandeireta e as baquetas son doazóns de "Foliqueiras".

Premiazos!!! Non pérdala túa oportunidade de conseguir un destes instrumentos!!!

Para adquirir a túa rifa podes poñerte en contacto con nós nos teléfonos 986.847.074 / 982.229.966 ou a través do mail Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo .

Bases do Sorteo premendo no título da nova

 

BASES SORTEO-RIFA XXVI MOSTRA DE INSTRUMENTOS TRADICIONAIS - AGG - PARDIÑAS 2019


1.- O presente sorteo-rifa está organizado pola Asociación de Gaiteir@s Galeg@s, asociación sen ánimo de lucro validamente constituída, e con CIF: G15208358.


2.- O presente sorteo-rifa ten por finalidade a recadación de fondos para contribuír a sufragar os gastos da XXVI Mostra de Instrumentos Tradicionais de Pardiñas 2019.


3.- Pode participar no sorteo-rifa calquera persoa física que adquira un boleto de participación, pagando o correspondente prezo de 2€ o boleto.


4.- Poñeranse á venda 2.500 boletos. Cada boleto servirá como xustificante da venda deste e como comprobante á hora de reclamar os premios. A venda dos boletos rematará media hora antes do sorteo do domingo.


5.- Cada boleto contén un número de catro cifras, que é o que o posuidor ou posuidora xoga.


6.- Os premios do sorteo consisten en:

Unha gaita, un tambor, un pandeiro e unha pandeireta

Os devanditos premios non poderán ser cambiados polo seu valor en metálico.

No caso de requerirse o envío do premio, os portes correrán a cargo do premiado/a.

 


7.-Realizaranse dous sorteos cada día. O primeiro día sortearase un pandeiro e unha pandeireta e o segundo día un tambor e unha gaita. Os sorteos celebraranse os días 3 de agosto (sorteos ás 19.30 horas) e 4 de agosto de 2017 (sorteos ás 19.30 horas) no escenario da Mostra de Instrumentos Tradicionais de Pardiñas – Guitiriz – Lugo.

8.- Na rifa participarán todos aqueles boletos vendidos conforme ao establecido no punto 3 destas bases, a través das matrices dos boletos, que estarán en posesión da organización.


9.-A rifa extraerase ao azar, por unha persoa autorizada pola organización, en acto público.


10.-No caso de non aparecer o gañador no momento dos sorteos, realizaranse sorteos consecutivos cada 5 minutos ata que apareza o gañador. 

11. @ agraciad@ dos premios terá que presentar, para recoller o seu premio, o orixinal do boleto, non sendo válidas nin fotocopias, nin boletos riscados, rotos ou emendados.

12. A rifa premiada no sorteo do día 3 de agosto non poderá participar no sorteo do día 4 de agosto.