Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio

cartaz memorialho2019_web 2 - copiaO vindeiro domingo, no "Recuncho da Palleta" do programa "Lume na Palleira" conducido por Emilio Españadero, contaremos con Xaime Estévez que nos falará sobre a VI Edición do Memorial Henrique Otero "O Mar na obra do Gaiteiro do Fragoso", organizada pola Asociación de Gaiteir@s Galeg@s e o Conservatorio Superior de Música de Vigo, coa colaboración da Deputación de Pontevedra e a Radio Galega. Concretamente este memorial celebrarase no Auditorio Martin Códax do Conservatorio Superior de Música de Vigo (Rúa Manuel Olivié, 23 – O Castro – Vigo) o vindeiro sabado 27 de abril de 2019 a partir das 19.30 horas.

Non te perdas, esta nova emisión do Recuncho da Palleta dentro do programa Lume na Palleira, o domingo as 17:00 horas.