Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio

lume na palleira

Este domingo, no "Recuncho da palleta" do programa "Lume na Palleira" conducido por Emilio Españadero, contaremos con Gustavo Couto que nos achegará á figura do grande Manuel José Pazos Redonda, mais coñecido como Pazos de Merexo, lenda do acordeón diatónico en Galicia e que tristemente faleceu o pasado luns.

Non te perdas, esta nova emisión do Recuncho da Palleta dentro do programa Lume na Palleira, o domingo as 17:00 horas.