Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Varios / Presentación da obra "Temperando Iniciación" de Bruno Villamor

Presentación da obra "Temperando Iniciación" de Bruno Villamor

Varios

Bruno Villamor Gay, primeiro lucense que obtivo a titulación superior de música na especialidade de Instrumentos da Música Tradicional Galega, presentará o vindeiro venres 19 de novembro ás 20.30 horas na Galería Sargadelos de Lugo a súa obra “Temperando Iniciación”, método progresivo de aprendizaxe para gaita galega.

Trátase da primeira serie (4 libros) dun método progresivo de aprendizaxe para gaita galega que constará ademais nun futuro das series “Temperando: Perfeccionamento I” e “Temperando: Perfeccionamento II”.

Na presentación contarase coa presenza do autor así como á de Javier Jurado, Director de Dos Acordes, Editorial que saca á luz este traballo.

Tamén ao longo desta presentación poderemos escoitar ao Cuarteto Tradicional de Gaitas da Asociación Cultural “Cántigas e Frores” de Lugo, asociación da que o autor é Director Artístico, interpretando parte do material que aparece ao longo destes catro libros.