Estudo e ensino da musica tradicional
Aula de Música Tradicional Gomes Mouro (Ourense)
Nace no ano 1993, coa finalidade de recuperar, investigar e dar difusión ao patrimonio musical galego, tomando o nome do gaiteiro GomesMouro, primeiro gaiteiro da cidade de Ourense. Entre as súas actividades, realiza aulas periódicas e cursiños de fin de semana sobre aspectos puntuais do noso patrimonio musical. Conta cun grupo musical que financia a Asociaciáción coas súas actuacións.
aCentral Folque
aCentral Folque é un proxecto fundamentado no estudo, promoción e divulgación da música galega cun enfoque aberto, global e contemporáneo.
aCentral Folque dá continuidade á experiencia dos sete anos de funcionamento do Conservatorio de Música Tradicional e Folque (CMTF) de Lalín, nos que se consolidou como centro de referencia nacional e internacional atraendo a alumnado de toda a xeografía galega e estudantes chegados de Estados Unidos, Estonia, Portugal, Romanía… a pesar da carencia dunha titulación oficial para este tipo de ensinanza na Galiza.
O resultado non é só un centro de estudo, mais tamén un espazo de encontro para a relación social e profesional de calquera persoa interesada na música galega.
Escola de Música Tradicional de Ourense
A Escola de Musica Tradicional de Ourense (EMT) n, pertence dende a súa creación á Asociación Ourensana de Folclore Tradicional (AOFT) e pretende ser un centro de
ensino para difundir a música galega a tódalas persoas que así o demanden.
A oferta de actividades da EMT distínguese por poñer ó alcance do público un ensino de calidade cuns precios moi asequibles, para así poder achegar a nosa cultura a toda a sociedade.
E-Trad
Escola de música Folk e Tradicional de Vigo.
CETMO (Centro Entográfico de Terra de Montes)
O Centro Etnográfico de Terra de Montes (CETMO) ten como obxectivo o estudio, conservación e divulgación da cultura material da comarca. A colección está composta de máis de 1200 pezas das que 740 están expostas.
O labor do Centro é evitar que a herdanza dos nosos devanceiros sexa pasto do esquecemento. As pezas expostas non teñen polo tanto valor económico, non son fermosas ou exóticas; son a testemuña dun xeito de vida.
Tradescola
Escola de Música Tradicional de Asociación de Gaiteiros Galegos.
A proposta educativa da TRADESCOLA busca para os seus alumnos unha formación integral e rigorosa en diversos aspectos da música galega. Nove mestres ofrecen formación en canto e pandeireta, Percusión, Gaita, Zanfona, Acordeón Piano, Requinta, Baile, Linguaxe musical e Etnoloxía e investigación.
O Arquivo do Patrimonio Oral da Identidade
O Arquivo do Patrimonio Oral da Identidade (APOI) xorde como consecuencia da evolución do proxecto Sons e Voces da Identidade, o programa de dixitalización, catalogación, estudo e difusión do patrimonio inmaterial que o Instituto de Estudos das Identidades do Museo do Pobo Galego pon a andar en abril de 2007.
Arquivo Sonoro de Galicia
Páxina do arquivo sonoro de Galicia.
REBULIR. Escola de Baile e Música Tradicional
“ Rebulir ” é o nome da primeira escola de Baile e Música Tradicional do Concello de Ramirás, situada no Centro Sociocultural de San Andrés , no pobo de Vilavidal.
Colectivo Castro Floxo. Escola Provincial de Danza
O Colectivo Castro Floxo é unha Agrupación nacida no ano 1977 co claro obxectivo de recuperar, promocionar e difundir o folclore galego coa dignidade, rigor e autenticidade que a arte, cultura e tradicións populares se merecen.
CASTRO FLOXO constitúe na actualidade o máximo exponente artístico da Escola Provincial de Danzas.