Prensa AGG
Artigos históricos das Xuntanzas de Gaiteiros (1980-1983)
Compilación de artigos de prensa relativos á constitución da Asociación de Gaiteiros Galegos (anos 1980-1983)
'Trece Lúas' en 'A Nosa Terra'
Reportaxe sobre o libro-CD-DVD da Asociación de Gaiteiros Galegos, 'Trece Lúas', en 'Bule-Bule', o suplemento infantil de 'A Nosa Terra' no número do 21-17 de maio de 2009.
A AGG en 'Aberto por reformas' da Radio Galega
Edición do programa da Radio Galega ‘Aberto por Reformas’ do día 29 de maio do 2009 dedicado á Asociación de Gaiteiros Galegos.
Olimpio Xiráldez, membro da Xunta Directiva da AGG, estivo no estudo de San Marcos para falar da Asociación e a súa labor en prol da cultura tradicional galega, facendo especial mención ás últimas publicacións da entidade, como son o libro ‘O Berce das Palletas’ ou o traballo audiovisual ‘Trece Lúas’, do que se escoitan varios temas. Para falar sobre este último traballo contouse coa presenza do seu director musical, Bernardo Martínez.
A través da liña telefónica, tamén se puido escoitar as intervencións de Santiago Caneiro, presidente da AGG, e Xoán Manuel Tubío, secretario.
'Trece Lúas' en La Opinión
Artigo sobre 'Trece Lúas' na sección de cultura de La Opinión, publicado o venres 1 de maio de 2009