Eventos
Mostra de Cuartetos Tradicionais
Organizada pola Asociación de Gaiteiros Galegos en colaboración coa Asociación Picuíña a finais de Novembro de cada ano na localidade de Marín. Cada edición está dedicada a un cuarteto relevante na nosa cultura tradicional.
Festa da Carballeira de Zas
Durante a primeira fin de semana de agosto lévase a cabo A Festa da Carballeira de Zas.
Festival de Ortigueira
Un dos festivais máis coñecidos e con maior afluencia de público. Lévase a cabo na vila de Ortigueira durante a segunda fin de semana do mes de Xullo.
Ponte Louco
un festival alternativo a finais de Agosto nun entorno privilexiado en Castro Caledelas.
Festival de Pardiñas
Un dos festivais con máis traxectoria no que a Asociación de Gaiteiros Galegos organiza dende hai máis de 15 anos a Mostra de Instrumentos Tradicionais de Pardiñas. Ten lugar durante a primeira fin de semana de Agosto na localidade de Pardiñas, Guitiriz - Lugo -.
Festival da Chaira
En Baltar, Concello Lucense da Pastoriza, moi preto de Meira, lévase a cabo este festival a mediados do mes de Xullo.
Revenidas
Festival Revenidas de Vilaxoán de Arousa. Música e gastronimía cen por cen galega.
Festival Antros Pinos
Festival que se celebra a finais de Xullo en Taragoña - Rianxo.
Noite da Lúa Meiga
Lévase a cabo esta festa de música tradicional o último sábado de Agosto no lugar de O Viso, Redondela.
Festival do Castro
En Ferreira de Pantón (Lugo) recuperaron recentemente a celebración deste festival que se levara a cabo durante 6 edicións dende 1978 a 1984.