Páxinas web sobre a música tradicional galega
O Curruncho de J. Presedo
Páxina con artigos, fotos, arquivos midi, etc. Todo referido ao mundo da gaita.
Páxina de Manuel Carro sobre a Gaita Galega
É a decana das páxinas web sobre gaita galega na rede. REdactada en inglés para espallar a cultura gaitística galega polo mundo, contén moita información sobre a gaita galega.
A gaita do fol
Páxina de Juanjo Fernández. Contén información moi relevante asi como valoracións do próprio Juanjo Fernández.
Páxina de Ernesto Campos
Nesta páxina é posible achar algo sobre a música de Ernesto Campos, traballos teóricos do autor, ficheiros MIDI, partituras (PDF) e tamén algún mp3.
Páxina de Sito Carracedo
Nesta sua páxina Sito Carracedo fala das suas múltiples facetas: artesán, inventor (o higrotapón) e escritor (A Palleta Maldita)
O recuncho de Marco Vélez
Páxina do gaiteiro coruñés Marco Vélez.
Contén unha sección de partituras.
Colectivo en Defensa da Gaita
Páxina oficial do Colectivo en Defensa da Gaita (CDG), constituído na Coruña por gaiteiros e non gaiteiros para INFORMAR, CONCIENCIAR e REACCIONAR ante a cada vez mais preocupante ameaza da implantación do modelo cultural escocés nas bandas da Galiza e fóra dela (referente ás gaitas, percusión, vestimenta, estética, estilo musical, pezas que se interpretan, etc.) suplantando aos nosos próprios e autóctonos rasgos de identidade como país e cultura.
E-mail: colectivoendefensadagaita@yahoo.es
Gaita Galega
Páxina adicada á gaita galega. Elaborada por Xulio Xesús León Pérez. Contén historia do instrumento, cancións, recomendacións, artesáns e outra información que pretende dar a coñecer, apoiar e fomentar a tradición que tende a perder-se.
Arafolk: web da música tradicional aragonesa
Páxina desenvolvida por Alberto Turón Lanuza. Este espazo web recolle os distintos aspeitos da música tradicional aragonesa. Contén un interesante cancioneiro en formato MIDI e partituras en PDF.
folky@arafolk.net
Proxecto Ronsel
Portal web dedicado á promoción, difusión e transmisión do patrimonio cultural inmaterial, con distintas seccións de contidos entre as que se acha o mapa de categorías do patrimonio.
Espacio en youtube de Jesús Díaz
Espazo dedicado a vídeos de música tradicional galega e folque.
Komunikando
Páxina con abundante información, foros, novas... sobre a música galega e novos talentos da mesma.
Musiqueoh!
Musiqueoh é un agregador de páxinas que falan de música, nomeadamente música galega. O obxectivo é presentar de xeito cómodo e compacto as novas fresquiñas que se xeran nas moitas webs en galego sobre música que existen. Musiqueoh actualízase cada hora coas últimas novas e marca como “Novo!” os contidos creados nos últimos días.