Antonio Fraguas Fraguas
Fragmentos tomados de http://www.antoniofraguas.com/inicio.html
En calquera caso, non é casualidade que este certame levo o nome de Antonio Fraguas Fraguas. Galego de ben, etnógrafo, membro fundador do Museo do Pobo Galego. Antonio Fraguas ten adicado parte da súa dilatada e fecunda vida a facer intelixíbeis as mostras da cultura espiritual e material do noso pobo, entre elas os oficios e todo canto mobiliza aos seus artífices.
Antonio Fraguas Fraguas, xeógrafo, historiador, antropólogo..., docente, naceu o 28 de decembro de 1905 en Santiago de Loureiro, parroquia da pontevedresa terra de Cotobade, "patria de canteiros de moita sona que xa lles vén de vello, que o mesmo saben erguer unha igrexa que un horreo, ou mesmo labrar un cruceiro", así a describe Clodio González Pérez. Don Antonio sentíase orgulloso de que no obradoiro dos canteiros do Museo do Pobo Galego estean presentes varias ferramentas do seu proxenitor. No ano 1924 incorpórase ao célebre Seminario de Estudos Galegos, constituido un ano antes. Catro anos despois intégrase nas seccións de Xeografía, Etnografía e Folklore, de par de Otero Pedrayo, Risco, Castelao ou os irmáns Lorenzo. Colabora, fundamentalmente con Xaquin Lorenzo, na recollida de mateiais e posterior montaxe do Museo Etnográfico do Seminario. Oa mesmo tempo, optén as máximas calificacións no seu doctorado coa tese excepcional sobre "O Colexio Fonseca" .Anos máis tarde, optén a cátedras de Instituto que desempeña en Lugo e logo en Santiago ata o ano da sua xubilación. O 30 de setembro de 1943, o "Consejo Superior de Investigaciones Científicas" acorda crear o Instituto de Estudios Gallegos 'Padre Sarmiento', e agrupar a intelectuais e eruditos dispostos a seguir co labor do Seminario. Alí desenvolve un extenso e riguroso traballo de estudios e publicacions. O 31 de xullo de 1976 queda formalmente constituido o Padroado do Museo do Pobo Galego, baixo a presidencia de Xaquin Lorenzo, Xocas, e a dirección de Antonio Fraguas. O 29 de outubro de 1977 inaugúrase oficialmente o Museo e comeza a restauración do edificio conventual de San Domingos de Bonaval. En 1989 morre o "irmán" Xocas, tal e como adoitaba nomealo. Encoméndaselle por unanimidade, ademais da dirección, a presidencia do Padroado.
Antonio Fraguas foi membro electo da Real Academia Galega, e tamén numerario da Academia Galega das Ciencias, e membro do Consello da Cultura Galega, e pertenceu ademais a diversos organismos e entidades científicas. En 1992,o Goberno Galego nomeao Cronista Xeral de Galicia, cargo no que o teñen precedido outros persoeiros da talla de Murguía ou Cabanillas. Fraguas supo manter viva a experiencia dos anos de vida aldeá. Poucos literatos galegos poderán aventaxarle na autenticidade dos sea expresión da lingua galega, sexa oral ou escrita, ademais de asombrar cos seus coñecementos das creencias, tradicions, e costumes do pobo galego. Se ben é certo que unha vasta relación de traballos, publicacións e artigos en revistas e xornais poñen de manifesto a súa talla intelectual, a intensidade do afecto que despertaba é o reflectir de algo máis importante se cadra: a súa fonda humanidade.
Fragmentos tomados de http://www.museodopobo.es/fraguasfund/
O nacemento e desenvolvemento do Museo do Pobo Galego enfíase na laboría de homes que coma D. Ramón Otero Pedrayo, D. Xaquín Lorenzo Fernández, D. Xosé Filgueira Valverde, D. Xesús Taboada Chivite, D. Ramón Martínez López, D. Antonio Rodríguez Fraiz, D. Ramón Piñeiro López ou D. Antonio Fraguas Fraguas, dedicaron a súa vida ó estudio e defensa de Galicia.
A figura de D. Antonio Fraguas Fraguas, o seu legado intelectual e moral, destinado e orientado ó coñecemento, difusión e desenvolvemento dos trazos e contidos da cultura galega, xustifica e ampara a creación dunha entidade cultural que proxecte, conserve e dinamice o patrimonio que D. Antonio Fraguas e toda a xeración por el representada, crearon e rescataron para a conservación futura da memoria de Galicia.

Aportacións ó cancioneiro de cotobade
- Xénero:
- Libros
- Ano:
- 1985
- Editorial:
- Fundación Otero Pedrayo; Trasalba, Ourense
Capítulos
Cantigueiro de Cotobade
- Xénero:
- Libros
- Ano:
- 1998
- Editorial:
- Edicións do Castro