Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Publicacións / Xosé Manuel Fernández "Muxicas"

Xosé Manuel Fernández "Muxicas"

Tempo de Valse, Vol 1. Pezas guapas para gaita, para zanfona e acordeón

Xénero:
Libros
Ano:
2020
Editorial:
Autoedición

Descrición

Colección de 21 partituras de novos valses compostos e editados por Xosé Manuel Fernández "Muxicas".


Son 21 valses coa escrita para gaita en Do e máis en Re, e son temas para gaita solita, para dúas, tres, catro gaitas, para gaitas en distintos tons, para zanfonas, para acordeóns e para distintas combinacións entre os instrumentos. 


A edición, distribución e venda faina o autor, e podedes pedir o libro, de 80 páxinas onde a música é a protagonista, escribindo un correo a xosemanuelfernandez.muxicas@gmail.com ou por Messenger. O prezo dos 21 valses, publicados neste ano 21 deste século 21 é de 21€ (gastos de envío incluídos en Península e Baleares) e poderase pagar por transferencia ou por Bizum. Se precisades de máis información poñédevos en contacto no correo antes sinalado e se o queredes recibi-lo adicado e asinado.

Capítulos

ÍNDICE

1. Valse do anaco perdido - pax 2 (56)
2. Anduriñas ó vento pax- 6 (57)
3. As campás de Cela – pax. 8
4. Axótame as ghaliñas – pax 10 (58)
5. Do falado nada, meu – pax. 12 (58)
6. Valse da barca – pax. 14 (59)
7. Nin rabo de peixe – pax. 19 (59)
8. Valse do clareo – pax. 22 (60)
9. Valse das poucas – pax. 25 (61)
10. Eiquí, valseando pax. 27 (62)
11. Valse da Pena – pax. 29
12. Valse perdido – pax. 33 (63)
13. Salientable – pax.35 (63)
14. Valse dunhas poucas máis – pax. 36 (64)
15. Todo é fume – pax. 38 (64)
16. Valse que toca – pax. 40 (65)
17. Valse dos xigantes – pax. 41 (65)
18. Valse dos trancallos – pax. 43
19. Val das Tantas – pax 44 (66)
20. Do valse á muiñeira – pax. 47 (68)
21. Valse do tempo incerto – pax. 51 (71)