Asociacion de Gaiteiros Galegos

Gaiteiros galegos
Inicio / Publicacións / Xose Miguelez

Xose Miguelez

Estudios para gaita galega, Vol I, Iniciación

Xénero:
Libros
Ano:
2006
Editorial:
Dos Acordes

Descrición

O "Estudo" é o paso intermedio entre o exercicio técnico e a peza, unha especie de exercicio con forma musical. Con esta publicación preténdese achegar unha ferramenta máis, fundamental no estudo de calquera outro instrumento musical, ao ensino da gaita.

Os contidos deste primeiro volume son adecuados para iniciarse, dunha forma amena e progresiva, na aprendizaxe do instrumento, así como para o seu posterior perfeccionamento; dividido en catro niveis, correspóndese cos catro cursos oficiais do Grao Elemental de Gaita Gallega que se imparte nos conservatorios públicos de Galicia. Cada nivel consta de dez estudos e unha peza, o que conforma corenta estudos e catro obras en total.

Dirixido ao gaiteiro que se achega por primeira vez ao instrumento e aos que, coñecéndoo, queren perfeccionar a súa técnica. Pretende tamén ser de axuda para aos mestres e profesionais do ensino da gaita.

O formato do libro é en tamaño A4, flexible e cunha extensión de 68 páxinas. Está dispoñible en dúas edicións, en notación DOMINGO e RE, para facilitar ao máximo a súa comprensión

(ATENCIÓN: as edicións teñen referencias de compra distintas)