Xoán Carlos Rilo Fraga & Juan Bautista Bernat Alcaide
Gaifonía
- Xénero:
- Libros
- Ano:
- 2009
- Editorial:
- Deputación provincial da Coruña
- Imprenta:
- Imprenta Provincial
- ISBN:
- 978-84-9812-109-4
- Departamento legal:
- C-542-2009
Descrición
Trátase de dúas obras musicais para gaita galega e banda: suite PARA OS DA NOSA TERRA e marcha procesional Á NOSA SEÑORA VIRXE DO CARME, ámbalas compostas polo Mestre Gaiteiro Xoán Carlos Rilo e harmonizadas e orquestradas para Banda polo director Joan Bautista Bernat. GAIFONÍA.
Foi editado pola Excma. Deputación de A Coruña en colaboración co Concello de As Pontes.
Foron editados 1000 libros i están espallados polos conservatorios, bandas de música, bandas de gaitas, etc....de galicia. Algúns tamén foron enviados a centros galegos.
Con esta publicación, os autores pretenden principalmente dous obxectivos:
1.- Facilitar a calquera alumno que estude nos Conservatorios de Galicia o acceso a este tipo de obras que lle permitirá familiarizarse coa nosa música.
2.- Paliar o déficit que seguimos tendo de obras para gaita e banda, co firme propósito de que o noso instrumento mais representativo adquira e manteña o lugar que lle corresponde.