Rogelio Groba
Tomada de http://www.crtvg.es/concellos/biografias.asp?IdAutor=234&id_concello=4052&persoeiros=cultura_xeral
Dende moi novo comeza a estudar música rematando os seus estudos en Madrid, no Real Conservatorio de Música. Regresa a Galicia para dirixir as bandas municipais da Estrada, Tui e Ponteareas, para logo marchar até Ciudad Real, dende onde se mantén profundamente interesado polo mundo musical de Madrid.
Dende alí viaxará até Suíza, onde permanecerá durante seis anos dirixindo distintas formacións cun importante éxito. En 1968 retorna a Galicia como Director da Banda-Orquestra Municipal da Coruña. Asemade, dirixiu o Conservatorio, a Coral Polifónica Follas Novas, a Coral El Eco, foi o fundador da Orquestra da Coruña e un dos loitadores pola creación da Orquestra Sinfónica de Galicia, da que foi compositor asociado.
É membro da Real Academia de Belas Artes Nosa Señora do Rosario e da Real Academia de San Fernando de Madrid. Concedéronlle varios premios entre eles o Premio da Crítica Musical Galega, o Premio Xunta de Galicia á Creación Cultural e a Medalla Castelao no ano 1995 polo seu traballo compositivo.

Análisis de 252 alalás : ciencia folklórica analítico-musical
- Xénero:
- Libros
- Ano:
- 1998
- Editorial:
- Deputación provincial da Coruña