Asociacion de Gaiteiros Galegos

Gaiteiros galegos
Inicio / Publicacións / Bruno Villamor

Bruno Villamor

Temperando Iniciación

Xénero:
Libros
Ano:
2010
Editorial:
Dos Acordes

Descrición

Método progresivo de aprendizaxe para gaita galega. (Dispoñible en versión RE e en versión DO)

Trátase da primeira serie (4 libros) dun método progresivo de aprendizaxe para gaita galega que constará ademais nun futuro das series “Temperando: Perfeccionamento I” e “Temperando: Perfeccionamento II”.

A serie “Temperando Iniciación”,divídese en catro volumes correspondéndose cos catro cursos oficiais do Grao elemental de gaita galega que se imparte nos conservatorios de Galicia.

Os contidos desta primeira entrega están pensados para iniciarse no mundo da gaita, podendo atopar no seu interior exercicios técnicos, pezas tradicionais acordes co nivel no que nos atopamos e mesmo información sobre instrumentos tradicionais galegos, gaiteiros e cuartetos tradicionais para que o futuro gaiteiro pouco a pouco adquira coñecementos sobre da nosa cultura tradicional. Tamén se aporta material complementario para que profesorado e alumnado teñan repertorio arranxado para gaita e outros instrumentos.

Todo o material amosado en "Temperando" non só está pensado para ser útil a mestres e discípulos que traballen nestes niveis nos conservatorios, senón que este pode empregarse como un libro de aprendizaxe progresivo en asociacións culturais e noutros tipos de escolas de música.