Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Publicacións / Xoan Ramón Marín Martínez

Xoan Ramón Marín Martínez

Naceu en 1956 en A Laxe, Vilagarcía de Arousa (Pontevedra). É graduado en Decoración e Delineación pola Escola de Artes e Oficios de Santiago de Compostela. Cursou estudios musicais na mesma cidade ate 5º de frauta traveseira. Formou parte do grupo Etnográfico Xaramugo e Pallamallada, e gravou con diversos grupos de música tradicional, sendo na actualidade membro do Orfeón Treixadura e percusionista do Grupo de música antiga Resonet. No campo da Etnografía publicou entre outros títulos: “Cruces e cruceiros antigos de Vilagarcía de Arousa”, e “As varandas de ferro dos corredores e balcóns do Ribeiro”, ambos xunto con Clodio González Pérez. É membro da Xunta Reitora do Museo do Pobo Galego como representante dos socios e tamén colaborador e debuxante do mesmo Museo. Actualmente é un dos máis renomeados debuxantes etnográficos de Galicia, á parte dun profundo coñecedor da nosa tradición musical.

O berce das palletas

Xénero:
Libros
Editorial:
Asociación de Gaiteiros Galegos

Descrición

É dentro da nosa liña de difundir e por en valor a nosa cultura musical tradicional onde se encadra este traballo que agora presentamos. O Berce das Palletas contribuirá a que os nosos gaiteiros e gaiteiras teñan a man unha ferramenta que lles permita coñecer a fondo cal é o proceso de construción da peza que constitúe a alma da gaita. Sabendo como construíla, será entón doado manexala e adaptala ás nosas propias necesidades tímbricas e de afinación. Así pois, desde a Asociación de Gaiteiros Galegos agardamos que esta nova publicación que agora poñemos nas vosas mans vos sexa útil e contribúa a afastar do esquecemento outro anaco do noso coñecemento tradicional.


Aviso importante:


Debido a erros na páxina 26 do libro O BERCE DAS PALLETAS, dende a Asociación de Gaiteiros Galegos, poñemos a vosa disposición un pdf de Fé de Erratas, feito por Moncho Marín, o autor do libro O Berce das Palletas correxindo dito erro consistente en que as táboas de medidas coas formas "rectangular" e "triangular" conteñen erros e non se corresponden una coa outra. O pdf conten as táboas correxidas e correspondese coa páxina 26 do libro. Dito pdf está listo para imprimir e cortar polas liñas de puntos para engadir ao libro.


Fé de erratas


 

Capítulos