Asociacion de Gaiteiros Galegos

Gaiteiros galegos
Inicio / Publicacións / Xesús Vaamonde e Xosé Lois Romero

Xesús Vaamonde e Xosé Lois Romero

Pel & Madeira. Repertorio Básico para Gaita e Percusión Galegas. Vol II

Xénero:
Libros
Ano:
2011
Editorial:
Dos Acordes
Colección:
Pel e Madeira

Descrición

Este libro de partituras recolle 30 pezas  populares arranxadas para dúas gaitas, tambor e bombo. Inclúe dous discos de son coa gravación de todos os temas interpretados polos propios  autores. En cada un dos CD, identificados como GAITA e PERCUSIÓN, o oínte  poderá escoitar separadamente no estéreo cada un dos instrumentos que  conforman o cuarteto tradicional. Deste xeito, virando o selector do balance  cara á canle dereita ou á esquerda, poderemos anular a escoita do instrumento  que queiramos e substituílo pola nosa propia interpretación ao vivo como parte  integrante dun “cuarteto virtual”.

Considerando a convivencia dos dous  sistemas de escrita actual, Dó e Re, e tendo en conta a elección do de Dó para  o primeiro volume da serie, consideramos oportuno optar pola escrita en Re  para o guión deste segundo.

Porén, incluímos dentro desta carpeta os  caderniños en papel coas partes independentes de cada membro do  cuarteto que faciliten a interpretación, coas gaitas en escrita Re; ademais,  aportamos un CD-Rom con todas as partes en arquivos PDF e en ambas  escritas.  

Neste segundo volume da colección "Pel e Madeira" os  autores continúan afondando no repertorio tradicional galego, partindo da idea  xa presentada no volume primeiro. Dous libros imprescindibles para gaiteiros,  sexan estudantes, mestres ou intérpretes avanzados, así como para calquera  persoa amante da nosa música patrimonial.

Pel & Madeira. Repertorio Básico para Gaita e Percusión Galegas. Vol I

Xénero:
Libros
Ano:
2008