Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Publicacións / Luisa Villalta

Luisa Villalta

Luisa Villalta (A Coruña, 1957). Como poeta é autora entre outros títulos, de Música Reservada (1991), Ruído (1995), Rota ao interior do ollo (1995). No xénero de narración, publicou o libro de relatos Silencio, ensaiamos (1992) e a novela Teoría de xogos (1997), alén de diversas pezas teatrais como O paseo das esfinxes (1991) ou As certezas de Ofelia (1999). Ensaísta, articulista e conferenciante, frecuenta a interpretación literaria en libros como "O Don Hamlet de Cunqueiro: unha ecuación teatral". Titulada Superior en violino, ademais de Licenciada en Filoloxía.

O outro lado da música, a poesía

Xénero:
Libros
Ano:
1999
Editorial:
Edicións A Nosa Terra

Descrición

Nesta obra engade unha perspectiva musical á interpretación literaria nun interesante percorrido ao longo da historia da poesia galega.

Capítulos