Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Vários autores

Vários autores

Sempre Mar – Cultura contra a burla negra

Xénero:
Libros
Ano:
2003
Editorial:
Asociacion Cultural Benito Soto

Descrición

Sempre Mar – Cultura contra a burla negra.
Disco - Libro.
Dep. Legal: PO-444-03
I.S.B.N.: 84-607-9145-9

A traxedia do “Prestige” desencadea un movemento cidadán que pretende rematar coa indiferencia existente ante a reincidencia de catástrofes deste tipo. Centos de creadores xuntaron os seu pulo para facer da súa imaxinación un berro contra a catástrofe e os seus inmediatos responsables, surxiu daquela a Plataforma Contra a Burla Negra integrada no movemento cidadán Nunca Máis.
Sempre mar serve de crónica dunha viaxe apurada polas nosas derrotas e polas nosas ansias de superación. É humor e son lamentos. É ironia e é xereira non contida. Son promesas e agoiros. Pero supón, por riba de todo, unha afirmación da nosa riqueza creativa e da xenerosidade comprometida de centos de autores e autoras.
Para render tributo ós milleiros de voluntarioS e voluntariaS, galegos e de fóra de Galicia, que ofreceron os seus corpos como escudo para resistir o envite da marea negra. Para non esquecer e que isto non volva acontecer. NUNCA MAIS.

Capítulos