Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Murguía. Revista Galega de Historia

Murguía. Revista Galega de Historia

Web:
http://www.revistamurguia.com
Publicación galega cuadrimestral especializada en historia

A nosa música. Un percorrido histórico

Xénero:
Artigos en publicacións periódicas
Ano:
2004
Editorial:
Colectivo Murguía / Asociación Galega de Historiad

Descrición

este número catro é un monográfico sobre a história da música na Galiza. Un traballo baseado nos traballos de diversos investigadores do Conservatorio de Música Folque e Tradicional de Lalín (CMFTL) e que nuns días poderás ler, de xeito resumido, nesta nosa web.
Na sección Fontes lembramos a través dun interesante artigo ao músico e compositor vigués Teodosio Vesteiro Torres, ao que lle segue a memoria do CMFTL da man de Ugia Pedreira xunto unha reseña do I Curso de música tradicional galega que se desenvolveu en Compostela entre o 2003 e o 2004. De seguido na sección Investigación Ramom Pinheiro aprofunda no que foi o contexto que viu nascer en 1904 ese primeiro disco galego da pontevedresa agrupación coral Aires d’a Terra. Félix Castro dá conta de dúas referencias do acordeón no s.XIX achados no xornal O Tío Marcos d’A Portela, mentres Norberto P. Cirio apreséntanos o proceso de cambio na gaita galega ao longo da historia, introducíndonos José Piñeiro na construcción deste instrumento. Martín Blanes biografía ao famado violinista galego Manuel Quiroga, facendo o propio José Luís d.P. Orjais con Marcial Valladares arredor dun seu cancioneiro inédito (?).
A frauta no noso país e a internet aplicada á acústica musical serán temas abordados por Cástor Castro e Roberto de Andrés.
Aliás entrevistamos a Mini e Mero, do grupo A Quenlla e a Luís Bará, responsábel de cultura do Concello de Pontevedra, así como lembramos a Manuel María, recentemente falecido, un dos máis grandes poetas da Galiza e dos máis musicados e presentamos, por
último, o Arquivo Sonoro de Galiza do Consello da Cultura Galega.

Capítulos

  1. A música popular da Galiza. Teodosio Vesteiro Torres
  2. Memoria do Conservatorio de Música Folque e Tradicional de Lalín. Ugia Pedreira
  3. I Curso de especialización en música tradicional galega. Martín Blanes
  4. As gravaçoes de Aires d'a Terra en 1904 ou o nascimento da história da música gravada na Galiza. Ramom Pinheiro Almuinha
  5. Dúas referencias sobre o acordeón na Galiza dos s.XIX no xornal O Tío Marcos d'A Portela. Félix Castro
  6. O ritmo Aksak. Constantin Brailoiu
  7. Procesos de cambio na galita galega ao longo da súa historia. Norberto Pablo Cirio
  8. A construcción da gaita galega (I). José Piñeiro Pérez
  9. Manuel Quiroga (1892-1961). A voz do violín da Galiza nas salas de conceertos do mundo. Martín Blanes
  10. A frauta na Galiza. Referencias literarias e xornalísticas no s.XIX. Cástor Castro
  11. Introduçao à acústica musical com internet como ferramenta. Roberto de Andrés Iglesias
  12. Breve nota sobre um cancioneiro ... inédito? e Valladares. José Luis d.P. Orjais
  13. Entrevista a Mini e Mero (A Quenlla) e Luis Bará, concelleiro de Cultura de Pontevedra
  14. Lembranzas. Manuel María, o noso poeta
  15. Museos e Arquivos. Arquivo Sonoro de Galiza
  16. Lecturas. Las culturas musicales. Más allá del arte. Análisis de 252 alalás
  17. A rede