Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Publicacións / Edita: Museo do Pobo Galego

Edita: Museo do Pobo Galego

Web:
http://www.museodopobo.es/
Tomada de http://www.museodopobo.es/institucion.htm

O Museo do Pobo Galego foi creado en 1976, baixo os auspicios dun Patronato integrado por boa parte das institucións que aglutinan a quen traballan en prol da cultura de Galicia, por un amplo número de especialistas nas distintas áreas da mesma e por representantes das administracións públicas. As primeiras salas inauguráronse en 1977, no antigo convento de San Domingos de Bonaval, cedido polo Concello de Santiago de Compostela.

Este é o primeiro museo de Galicia que, desde a perspectiva da antropoloxía cultural, tenta abranguer e relacionar as diversas manifestacións humanas no seo dunha comunidade diferenciada, e recolle, conserva e estudia nas súas salas as mostras da cultura espiritual e material para, a través desa realidade, coadxuvar á planificación do futuro colectivo. Ademais da mostra permanente, organízanse regularmente outras actividades: exposicións, cursos, congresos..., e edítanse publicacións.

A Xunta de Galicia, entendendo que o Museo do Pobo Galego pode ser considerado como cabeceira espiritual e simbólica da rede de museos antropolóxicos de Galicia, recoñeceulle polo Decreto 111/1993 de 22 de maio a competencia para actuar como centro sintetizador de todos os museos e coleccións públicos e privados integrados no sistema galego de museos dedicados ó estudio, promoción e difusión do patrimonio histórico-antropolóxico de Galicia.

O sostemento do Museo está garantido polas achegas económicas e materiais (doazóns e depósitos) dos seus patróns e socios, e polo patrocinio de diversas institucións públicas e privadas.

O Feito Diferencial Galego na Música

Xénero:
Capítulos de libros
Ano:
1998
Editorial:
Santiago de Compostela : Museo do Pobo Galego

Descrición

Actas do congreso que baixo o mesmo título tivo lugar en Santiago de Compostela, sendo ponentes persoas de recoñecido prestíxio dentro da música galega.

Tamén é posible facer o pedido directamente ao Museo do Pobo Galego, segundo indican en http://www.museodopobo.es/publicacions.htm

Pedidos Museo do Pobo Galego San Domingos de Bonaval 15703 Santiago de Compostela
tel. 981-583620 / fax 981-554840
correo electrónico: museodopobo@interbook.net

Capítulos