Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Publicacións / Clodio González Pérez

Clodio González Pérez

Web:
http://www.geocities.com/galiciaenteira/blanco_torres_xornalista.htm
Naceu en Cenlle (Ourense). Vocal da Xunta Rectora e membro do Patronato do Museo do Pobo Galego (Santiago de Compostela), secretario da sección de Etnografía e Folklore do Instituto "P. Sarmiento" de Estudios Galegos; membro da ponencia de Antropoloxía Cultural do Consello da Cultura Galega, etc.
Autor de numerosas publicacións en revistas. Libros: Aproximación a la historia de Ponteareas (1983), O refraneiro do mar (1988), A festa dos maios en Galicia (1989), O concello de Rois: Historia, economía e arte (1990), Aproximación etnográfica á cultura material da montaña lucense: Notas históricas e situación presente (1991), As festas cíclicas do ano (1992), A coca e o mito do dragón (1993), A producción tradicional do ferro en Galicia. As grandes ferrerías da provincia de Lugo (1994), Sociedade e tecnoloxía tradicionais do val de Ancares -con González Reboredo- (1996), Xesús Ferro Couselo (1996), Mendiño, Martín Codax, Xoán de Cangas (1997), Roberto Blanco Torres (1998), Antonio Fraguas (1998), Brión: Historia, economía, cultura e arte (1998), Roberto Blanco Torres: Artigos e Poemas Galegos (1999), etc.

Cancioneiro popular das parroquias de Aguasantas, Costa, Hermedelo, Leroño e Urdilde (Rois)

Xénero:
Libros
Ano:
1985
Editorial:
Urdilde : Colexio Público

Descrición

Recollido coa colaboración dos alumnos do Centro, por Clodio González Pérez

Capítulos