Asociacion de Gaiteiros Galegos

Gaiteiros galegos
Inicio / Discografía / MILLADOIRO

MILLADOIRO

A QUINTA DAS LAGRIMAS

Xénero:
Folc
Ano:
2008
Discográfica:
Pai Música

Descrición

Gravado en 2008 nos Estudios Cormorán e Casa de Tolos, Galicia. Enxeñeiro: Segundo Grandío. Editado por Pai Música (2008). Disco composto de nove temas con textos de Fernando Pessoa, Luís de Camôes, Manoel Antonio, Álvaro Cunqueiro e José Afonso e música do grupo. Colaboracións de Laura Amado e Mafalda Arnauth. Unha produción de Eixo Atlántico e Milladoiro.

Pezas

01. O Mar Portugués
02. Cantigas No. 49 e 159
03. Inés
04. A Quinta das Lágrimas
05. Venham Mais Cinco
06. Que Muyto Meu Pago
07. Quen Poidera Namora-la
08. Sós
09. Galope de Guístola

UNHA ESTRELA POR GUIA

Xénero:
Folc
Ano:
2006
Discográfica:
DiscMedi

Descrición

Gravado en abril - maio de 2006 nos Estudios Cormorán, Galicia. Enxeñeiro: Juan Lameiro. Editado por Discmedi (2006). Disco composto de dez temas con textos do poeta Manuel María e música do grupo. Colaboracións de Leilía, Mabel Rivera e Luis Tosar entre outros.

Pezas

01.  Chinelas
02.  Soedá
03.  Os Meus Outonos
04.  Unha Estrela por Guía
05.  Teu Corpo Delgado
06.  O Castrapista
07.  Ese Breve Ronsel
08.  Canción da Noite
09.  Labrego
10.  Galicia era unha Brétema Mollada
11.  Pista extra: Trasalba

MILLADOIRO 25

Xénero:
Folc
Ano:
2005
Discográfica:
DiscMedi

Descrición

Milladoiro celebra o seu 25 aniversario con este cd onde fai unha relectura actualizada dos seus temas clásicos. Intérpretes: Antón Seoane: acordeón, guitarra, teclados, zanfona en Sol (cedida por Faustino Santalices, fillo). Xosé Antón F. Méndez: flautas. Nando Casal: gaita, clarinete, whistle, cromorno. Xosé V. Ferreirós: gaita, Uilleann pipes, oboe, mandolina, bouzouki. Moncho García Rei: percusión. Harry C.: violín, mandolina. Roi Casal: harpa, bouzouki, ocarina, cítara. Manu Conde: guitarra, bouzouki. Artistas convidados: Rhonda Larson: flautas (6, 14). Eileen Iveres: fiddle (2, 4, 13). Claudia Ferronato: voz. Susana Seivane: gaita (6) Anxo Pintos: zanfona en DO (7) Tódolos temas arranxados por Milladoiro. Productor musical: Milladoiro. Rematado de gravar en maio de 2005. Estudios Cormorán e Auditorio de Vilagarcía de Arousa. Esxeñeiro de Son: X.M., Tasende Lago. Axudante de Gravación: Alberto Casas. Masterizado por Bob Kartz. Digital Domain. Orlando (Florida, USA).

Pezas

  1. Maruxa. TRADICIONAL/ MILLADOIRO.
  2. Aires da Farruquiña. TRADICIONAL.
  3. Marcha das chirimías e S. Bieito. TRADICIONAL/J.B. GONZÁLEZ.
  4. Lavandeiras de San Paio. TRADICIONAL.
  5. Alborada de Corcubión. TRADICIONAL/MILLADOIRO.
  6. Chouteira. TRADICIONAL.
  7. A Bruixa. A. SEOANE.
  8. Arrumbo. TRADICIONAL.
  9. Tanote m'ho insogná. TRADICIONAL VENECIANA.
  10. Voaría a Compostela. MILLADOIRO.
  11. Campaneiros do Condado. TRADICIONAL.
  12. No Cabo de Home. TRADICIONAL/MILLADOIRO.
  13. Auga nova. TRADICIONAL.
  14. O voo da pomba. MILLADOIRO.
  15. Mourindá. TRADICIONAL/MILLADOIRO.

ADOBRICA SUITE

Xénero:
Folc
Ano:
2002
Discográfica:
DiscMedi

Descrición

Gravado no ano 2002. Estudios Cormorán, Galicia. Enxeñeiro: X. M. Tasende. Suite estruturada en 3 movementos e 8 tempos adicada á cidade de Ferrol. Encargo do Padroado Municipal da Música e as Artes de Ferrol.

Pezas

       1º MOVEMENTO

1.  A Costa de San Francisco
2.  Habanera do Mar Océano (versión instrumental)

       2º MOVEMENTO

3.  Alalá
4.  Adóbrica
5.  As Voces de Doniños

       3º MOVEMENTO

6.  O Paso dos Caladiños
7.  As Murallas de Prata
8.  Habanera do Mar Océano (versión vocal)

O NIÑO DO SOL

Xénero:
Folc
Ano:
2002
Discográfica:
DiscMedi

Descrición

Ata o momento, o último disco de Milladoiro. Nel interpretan no seu máis que consolidado estilo, temas tradicionais e de composición. Destacar o Alalá das Mariñas, tema no que Milladoiro acompaña a voz inconfundible de Faustino Santalices. Intérpretes: Xosé Antón F. Méndez: flautas. Xosé V. Ferreirós: gaita, uilleann pipes, oboe, mandolina, bozouki, mándola e pandeiretas. Nando Casal: gaita, clarinetes e tin whistle. Antón Seoane: acordeón, guitarra, zanfona e teclado. Moncho García Rei: percusión. Harry C.: violín e mandolina. Manú Conde: guitarra, slide guitar e bouzouki. Roi Casal: arpa, ocarina e bouzouki. Colaboracións: Faustino Santalices: voz. Laura Amado: voz. Kathy Mathea: voz. Edición: Discmedi.

Pezas

  1. Canto de cego de Mondoñedo. TRADICIONAL.
  2. Sete naos. TRADICIONAL.
  3. Praga. MILLADOIRO.
  4. O bruxo da montaña. TRADICIONAL.
  5. Abril. TRADICIONAL.
  6. Alalá das Mariñas. TRADICIONAL.
  7. Veneranda Dies. TRADICIONAL.
  8. Pasacorredoiras de Santiago. TRADICIONAL.
  9. Alborada. TRADICIONAL.
  10. Os ollos de Andrea. MILLADOIRO.
  11. Aires do Valmiñor. MILLADOIRO.
  12. Errurrú. TRADICIONAL.
  13. O merlo no pomar. TRADICIONAL/MILLADOIRO.
  14. Millworker (Pista extra). JAMES TAYLOR.

AUGA DE MAIO

Xénero:
Folc
Ano:
1999
Discográfica:
DiscMedi

Descrición

Milladoiro ofrécenos 15 temas tradicionais ou compostos por eles mesmos, arranxados co seu propio estilo. Este é o derradeiro disco no que participa un dos fundadores do grupo: Rodrigo Romaní. Destacar a colaboración de Olga Cerpa (Mestissay) e de Ana Belén coas súas voces. Intérpretes: Nando Casal: gaita, clarinete, tin whistle, cromorno, pandeireta e voz. Rodrigo Romaní: arpa, bouzouki, guitarra, ocarina e voz. Moncho García: percusións e voz. Antón Seoane: teclados, acordeón, guitarra, mándola e zanfona. Harry C.: violín. Xosé V. Ferreirós: gaita, oboe, mandolina, bouzouki, uilleann pipes, pandeireta e voz. Xosé A. F. Méndez: frauta, frauta en sol. Artistas invitadas: Olga Cerpa: voz. Ana Belén: voz. Edición: Discmedi.

Pezas

  1. Alalás da Ulla. TRADICIONAL.
  2. O Santo da Pólvora. MILLADOIRO.
  3. Romance de Triacastela. MILLADOIRO.
  4. Carballesas. TRADICIONAL.
  5. Estreliña do Luceiro. TRADICIONAL.
  6. Alborada de Verín. TRADICIONAL.
  7. Polca da Mahía. MILLADOIRO.
  8. Ribeirana e Golpe. TRADICIONAL.
  9. Marcha Procesional de Caldas de Reis. TRADICIONAL.
  10. Canto de Pandeiro de Cabana e Corcoesto. TRADICIONAL.
  11. Moraima. MILLADOIRO.
  12. No confín dos verdes castros. MILLADOIRO.
  13. Muiñeiras de Poio e de Manuel Dopazo. TRADICIONAL.
  14. Cantos de arrieiro da Fonsagrada. TRADICIONAL.
  15. Maneo de Fontenla/Jotas. TRADICIONAL/TRAD.- B. DEL RÍO.

O CONFIN DOS VERDES CASTROS

Xénero:
Folc
Ano:
1999
Discográfica:
DiscMedi

Descrición

Gravado no ano 99. Estudios Cormorán, Galicia. Enxeñeiro: X. M. Tasende. Editado por Discmedi (1999). 4 temas tradicionais e 3 composicións do grupo. Este traballo foi un encargo do Concello de Cabana de Bergantiños, como parte dunha campaña de promoción turística.

Pezas

1.  No Confín dos Verdes Castros
2.  Maneo de Fontenla
3.  O Santo de Pólvora
4.  Cantos de Pandeiro de Cabana e COrcoesto
5.  Muiñeira de Cabana
6.  Dombate
7.  Rebordelos

AS FADAS DE ESTRAÑO NOME

Xénero:
Folc
Ano:
1995
Discográfica:
DiscMedi

Descrición

Cd doble gravado en concerto no Teatro Nacional "Cervantes" de Bos Aires no 1995. Ofrece unha selección do repertorio do grupo interpretado ó vivo. Intérpretes: Xosé V. Ferreirós: gaita, oboe, bouzouki, mandolina, pandeireta, castañolas, uillean pipe e voz. Xosé A. Méndez: frauta traveseira e frauta de pico. Moncho García: bodrhan, tamboril, darbouka, caixa e voz. Rodrigo Romaní: harpa céltica, trompa, ocarina, guitarra, bouzouki e voz. Antón Seoane: teclados, acordeón e guitarra acústica. Nando Casal: gaita, clarinete, tin whistle, pandeireta e voz. Antonio Seijo: violín. Edición: Discmedi.

Pezas

  1. Polca dos Campaneiros. Repertorio dos CAMPANEIROS.
  2. O Noso Tempo. TRADICIONAL/MILLADOIRO.
  3. Vals da Libunca. MILLADOIRO.
  4. Foliada de Berducido. TRADICIONAL.
  5. Alalá das Mariñas. TRADICIONAL.
  6. Foliada de Santirso/Xota para Aida. TRADICIONAL/MILLADOIRO.
  7. Brincadeiro. TRADICIONAL.
  8. As fadas de estraño nome. MILLADOIRO.
  9. Gallaecia Fulget. MILLADOIRO/TRADICIONAL.
  10. Danza e contradanza de Darbo. TRADICIONAL.
  11. Aires de Pontevedra. TRADICIONAL.
  12. Invernía. TRADICIONAL.
  13. Foliada de Tenorio. TRADICIONAL.
  14. A Carrasqueira. TRADICIONAL.
  15. O voo da Pomba. MILLADOIRO.
  16. Danza de Albarellos. TRADICIONAL.
  17. The Clumsy Lover. N. DICKIE.
  18. Rompeu a Chiculateira-Muiñeira de Vilanova. Repertorio de EVA CASTIÑEIRA/TRADICIONAL.

GALLAECIA FULGET

Xénero:
Folc
Ano:
1995
Discográfica:
Cormorán

Descrición

Unha producción de Milladoiro para o V Centenario da Universidade de Santiago de Compostela. A música pensada para esta celebración está dividida en catro movementos-momentos: a xénese, o debate, a nostalxia e o presente. Intérpretes: Xosé V. Ferreirós: oboe, uillean pipe, bodhran, mandolina e tin whistle. Nando Casal: clarinete, tin whistle, cromorno e triángulo. Rodrigo Romaní: harpa, tin whistle, ocarina, teclados, bouzouki, birimbao e guitarra acústica. Moncho García: bodhran e percusións. Xosé A.F. Méndez: frautas. Antón Soane: zanfona, teclados, acordeón e guitarra acústica. Antón Seijo: violín. Colaboracións: Ana Romaní: voz. Ultreia: voces. Coro Universitario: voces. Leilía: voces e pandeiretas. Pilocha: voz. Produción: Milladoiro. Edición: Cormorán.

Pezas

  1. Reinando o Emperador Carlos/Kirie/Mendicantium flores/O gran Fonseca. MILLADOIRO.
  2. As gárgolas da luz. MILLADOIRO.
  3. Novatores e Tomistas. MILLADOIRO.
  4. Laboratorio. MILLADOIRO.
  5. Voaría a Compostela. MILLADOIRO.
  6. Os teus ollos. J. CASTRO "CHANÉ". Arranxos de MILLADOIRO.
  7. Gallaecia Fulget. Suite de temas TRADICIONAIS. Arranxos de MILLADOIRO.

IACOBUS MAGNUS

Xénero:
Folc
Ano:
1994
Discográfica:
DiscMedi

Descrición

Innovador proxecto discográfico no que Milladoiro interpreta unha Suite Orquestral na que se incluen instrumentos galegos. Para esta gravación Milladoiro conta coa colaboración da English Chamber Orchestra e a Orquestra Sinfónica de Galicia, dirixidos nesta ocasión por Maximino Zumalave. Intérpretes: Nando Casal: gaita, clarinete, tin whistle, cromormo. Antón Seoane: teclados, guitarra acústica, zanfona. Xosé V. Ferreirós: gaita, mandolina, bouzouki, oboe, uillean pipe. Moncho García: percusión. Xosé A. Fernández Méndez: frautas. Rodrigo Romaní: harpa, ocarina, bouzouki. Antonio Seijo: violín. Colaboracións: The English Chamber Orchestra. Orquestra Sinfónica de Galicia. Director: Maximino Zumalave. Edición: Discmedi.

Pezas

  1. Pórtico. MILLADOIRO.
  2. Un longo camiño branco. MILLADOIRO.
  3. Onde vai aquel romeiro? MILLADOIRO.
  4. Per loca marítima. MILLADOIRO.
  5. No primeiro milladoiro. MILLADOIRO.
  6. A noite estelecida. MILLADOIRO.
  7. No cabo da viaxe. MILLADOIRO.

A XEOMETRÍA DA ALMA

Xénero:
Folc
Ano:
1993
Discográfica:
Cormorán

Descrición

Música de Milladoiro para a exposición do Centro Galego de Arte Contemporánea "A xeometría da alma" da pintora Maruja Mallo. Intérpretes: Nando Casal: gaita, clarinete, tin whistle e pandeireta. Moncho Garcia Rei: percusión. Antón Seoane: teclados guitarra acústica e acordeón. Rodrigo Romaní: harpa céltica, harpa clásica, ocarina e bouzouki. Xosé Antón F. Mendez: flauta traverseira e piccolo. Xosé V. Ferreirós: gaita, uillean pipies, oboe, tin whistle, mandolina e pandeireta. Antonio Seijo: violín. Edición: Cormorán.

Pezas

  1. Moradores do Vacío. MILLADOIRO.
  2. As Voces do Mar. MILLADOIRO.
  3. Moradores do Vacío. MILLADOIRO.
  4. Bolero na Illa de Pascua. MILLADOIRO.
  5. Kermesse Negra. MILLADOIRO.
  6. Nanas de Mallo. MILLADOIRO.
  7. A Cerva Humana. MILLADOIRO.
  8. O Arcebispo de Constantinopla. MILLADOIRO.
  9. As Bolboretas da Sorpresa. MILLADOIRO.

A VÍA LÁCTEA

Xénero:
Folc
Ano:
1993
Discográfica:
Cormorán

Descrición

Música de Milladoiro para o espectáculo "A vía Láctea" do Mago Antón. Intérpretes: Nando Casal: gaita, clarinete, tin whistle, pandeireta. Moncho Garcia Rei: percusión. Antón Seoane: teclados guitarra acústica, acordeón. Rodrigo Romaní: harpa céltica, harpa clásica, ocarina, bouzouki. Xosé Antón F. Mendez: flauta traverseira, piccolo. Xosé V. Ferreirós: gaita, uillean pipies, oboe, tin whistle, mandolina, pandeireta. Antonio Seijo: violín. Edición: Cormorán.

Pezas

  1. O Demo da a nota. MILLADOIRO.
  2. Obertura. MILLADOIRO.
  3. Xelmírez e Compañia. MILLADOIRO.
  4. Santiago e o Mago. MILLADOIRO.
  5. Rumbo a Roncesvalles. MILLADOIRO.
  6. Danzas. MILLADOIRO.
  7. O Demo ataca de novo. MILLADOIRO.
  8. Roldán e o Demo. MILLADOIRO.
  9. Danza do viño. MILLADOIRO.
  10. Pelegrín. MILLADOIRO.
  11. Gwendoline e Roldán. MILLADOIRO.
  12. O voo da pomba. MILLADOIRO.
  13. A Vía Láctea. MILLADOIRO.
  14. O Demo despidese. MILLADOIRO.
  15. Os Anxos do Inferno. MILLADOIRO.

GALICIA NO TEMPO

Xénero:
Folc
Ano:
1991
Discográfica:
DiscMedi

Descrición

Neste traballo discográfico, Milladoiro compón e interpreta a música para a exposición "Galicia no tempo" que se fixo no Mosteiro de San Martiño Pinario, en Santiago de Compostela. Este é o derradeiro disco no que participa o violonista Michel Canadá con Milladoiro. Intérpretes: Nando Casal: gaita, clarinete, cromormo e tin whistle. Xosé A. F. Mendez: flauta traverseira e de pico. Moncho Garcia Rei: percusión. Rodrigo Romaní: harpa, ocarina, cítara e birimbao. Antón Seoane: zanfona, teclados e acordeón. Xosé V. Ferreirós: gaita, uillean pipe, oboe e bodrham. Michel Canadá: violín, viola e mandola. Edición: Discmedi - Green Linnet.

Pezas

  1. As raíces. TRADICIONAL.
  2. O camiño. MILLADOIRO/ CÓDICE CALIXTINO.
  3. O esplendor. MILLADOIRO/TRADICIONAL.
  4. A nova identidade. MILLADOIRO/TRADICIONAL.

CASTELLUM HONESTI

Xénero:
Folc
Ano:
1989
Discográfica:
Ariola

Descrición

Neste dico, Milladoiro arranxa e interpreta todo temas tradicionais. Este traballo discográfico recibiu o premio Indie Award no ano 1991 en Estados Unidos, na categoría World Music. Intérpretes: Nando Casal: gaita, clarinete, tin whistle e pandeireta. Moncho Garcia Rei: percusión. Antón Seoane: Teclados guitarra acústica e acordeón. Rodrigo Romaní: harpa céltica, harpa clásica, ocarina e bouzouki. Xosé Antón F. Mendez: flauta traverseira e piccolo. Xosé V. Ferreirós: gaita, uillean pipies, oboe, tin whistle, mandolina e pandeireta. Michel Canadá: violín. Produción: Milladoiro. Edición: Ariola - Green Linnet.

Pezas

  1. Maneo da Ulla/Foliada de Padrenda. TRADICIONAL.
  2. Negra Sombra. X. MONTES.
  3. Esta noite hai unha fia. TRADICIONAL.
  4. Muiñeira de Vilanova. TRADICIONAL.
  5. Alalá das Mariñas. TRADICIONAL.
  6. Pasacorredoiras do Condado. TRADICIONAL.
  7. Muiñeira de Chantada. TRADICIONAL.
  8. Marcha das Chirimias da Catedral de Compostela. TRADICIONAL.
  9. A Farruquiña. TRADICIONAL.
  10. Invernía. TRADICIONAL.

GALICIA NO PAÍS DAS MARAVILLAS

Xénero:
Folc
Ano:
1986
Discográfica:
CBS

Descrición

Neste traballo, Milladoiro interpreta repertorio sobre todo tradicional arranxado no seu estilo. Destacar a colaboración das pandereteiras de "Cantigas e Agarimos", naquel momento unha innovadora proposta. Por este traballo Milladoiro recibiu a Concha de Ouro do festival de Donosti, así como o premio Goya concedido pola Academia das Ciencias e Artes Cinematográficas de España. Intérpretes: Moncho Garcia: bodhram e caixa chinesa. Michel Canada: violín e viola. Xosé A. Mendez: flauta traveseira e flauta de pico. Nando Casal: gaita, clarinete e tin whistle. Xosé V. Ferreirós: gaita, uilleann pipe, bouzouki, mandolina e castañolas. Rodrigo Romaní: arpa, bouzouki, guitarra acústica, ocarina e guitarra española. Antón Seoane: acordeón, guitarra acústica, sintetizador Prophet, piano e clavecín. Colaboracións: Cristina García: voz e pandeireta. Felisa Segade: voz epandeireta. Pilocha Rivas: voz e pandeireta. (Cantigas e agarimos) Produción: Milladoiro. Edición:CBS

Pezas

  1. Auga das Bailadeiras. TRADICIONAL.
  2. Valsvöda. MILLADOIRO.
  3. O insonio dunha noite de verán. ANTÓN SEOANE.
  4. Danza de Albarellos. TRADICIONAL.
  5. Espadela de Penosiños. TRADICIONAL.
  6. Muiñeira de Poio. TRADICIONAL.
  7. Maruxa. TRADICIONAL.
  8. Foliada de Berducido. TRADICIONAL.
  9. Danza e Xota de Lousame. TRADICIONAL.
  10. Mazurca dos Areeiras. TRADICIONAL.
  11. Ai Rosiña. TRADICIONAL.
  12. Estroupelear. TRADICIONAL.

SOLFAFRÍA

Xénero:
Folc
Ano:
1984
Discográfica:
CBS

Descrición

Milladoiro grava este disco en Dublín. Moitos dos temas foron recollidos nos cancioneiros Casto-Sampedro e Bal e Gay. Destacar a colaboración de Paddy Moloney, lider dos Chieftains. O grupo recibiu por Solfafría un premio: o Pedrón de Ouro, concedido polo Padroado. Intérpretes: Moncho Garcia: bodrham, caixa chinesa e esbilro. Michel Canada: violín e viola. Xosé A. Mendez: flauta traverseira e flauta de pico. Nando Casal: gaita, clarinete e tin whistle. Xosé V. Ferreirós: gaita, uilleann pipe, bouzouki, mandolina e castañolas. Rodrigo Romaní: arpa, bouzouki, guitarra acústica, ocarina e guitarra española. Antón Seoane: acordeón, guitarra acústica, sintetizador Prophet, piano e clavecín. Colaboracións: Paddy Moloney: uilleann pipe. Produción: Milladoiro. Edición: CBS.

Pezas

  1. Alborada de Pontecaldelas. TRADICIONAL.
  2. Os amores de Brunilda e Joseph K. ANTÓN SEOANE.
  3. A Farandula. TRADICIONAL.
  4. Roc'h Morran - La fougère. CHRISTIAN DESBORDES / TRADICIONAL.
  5. Lila. RODRIGO ROMANÍ.
  6. Chouteira do Lerez. TRADICIONAL.
  7. O ramo verde. TRADICIONAL. Do repertorio da coral de RUADA.
  8. Danzas de Ribadavia e Carril. TRADICIONAL.
  9. Teño un amor na Montaña. TRADICIONAL.
  10. Pasacorredoiras do Choqueiro. TRADICIONAL.

MILLADOIRO 3

Xénero:
Folc
Ano:
1982
Discográfica:
CBS

Descrición

Terceiro traballo discográfico do grupo Milladoiro. Interpretan temas tradicionais e de autor cun estilo totalmente consolidado. Intérpretes: Nando Casal: gaita galega, gaita escocesa, whistle e cromormo. Moncho Garcia: percusión. Xosé V. Ferreiros: gaita galega, gaita escocesa, mandolina, bouzouki e whistle. Michel Canada: violín. Xosé A. mendez: flautas de pico e traveseira. Rodrigo Romaní: arpa, ocarinas e guitarra acústica. Antón Seoane: acordeón, zanfona, piano, espineta, teclados electrónicos e guitarra acústica. Edición: CBS.

Pezas

  1. Aires de Pontevedra. TRADICIONAL.
  2. Une souris à Paris. M. CANADA.
  3. Pasodoble de Viascón. TRADICIONAL.
  4. Danza e contradanza de Darbo. TRADICIONAL.
  5. Greensleaves. TRADICIONAL INGLESA. Arr. A. SEOANE.
  6. Camiño de Chans. ANTÓN SEOANE.
  7. Marcha Procesional. TRADICIONAL.
  8. Foliada de Tenorio. TRADICIONAL.
  9. Muiñeira de Pontesampaio. TRADICIONAL.
  10. Non te namores meniña. TRADICIONAL / G. FREIRE.
  11. Jiga/Pandeirada. TRADICIONAL ESCOCESA/ TRADICIONAL GALEGA.

O BERRO SECO

Xénero:
Folc
Ano:
1980
Discográfica:
Ruada

Descrición

Neste traballo discográfico Milladoiro interpreta repertorio tradicional e de composición, así como algún tema escocés ou irlandés. Destacar que estamos ante a primeira gravación na que participa o violonista Michel Canadá e que o frautista nesta caso é Manuel Arias (Méndez estaba na mili). Intérpretes: Anton Seoane: guitarra acústica e zanfona. Rodrigo Romaní: harpa, ocarina e bouzouki. Manuel Arias: frautas. Michel Canadá: violín. Fernando Casal: gaita, clarinete, tin whistile e cromormo. Xosé V. Ferreirós: gaita, mandolina, bouzouki, oboe e uillean pipe. Moncho Garcia: percusión. Edición: Ruada.

Pezas

  1. O berro seco (Marcha escocesa/Marcha galega/Reel irlandés). TRADICIONAL Escocia/Galicica/Irlanda.
  2. A cruz da vella. TRADICIONAL/ XOSÉ V. FERREIRÓS.
  3. Fis Terra. BRIAN BOORHBY. Arranxos de R. ROMANÍ.
  4. Muiñeira vella de Mordomo. TRADICIONAL.
  5. Na cova da Barxa. TRADICIONAL.
  6. Unha noite no Santo Cristo (Alborada/Carballesa). TRADICIONAL.
  7. Polca dos Campaneiros. TRADICIONAL.
  8. Caraveliño colorado. TRADICIONAL.
  9. A Furoca. A. SEOANE.
  10. Brincadeiro (pasacorredoiras). TRADICIONAL.

A GALICIA DE MAELOC

Xénero:
Folc
Ano:
1979
Discográfica:
Ruada

Descrición

Neste traballo, o grupo Milladoiro comeza a súa andaina como tal, facendo arranxos moi diferentes naquela época de temas tradicionais. No medio destes temas tradicionais tamén destacan composicións propias. Intérpretes: Antón Seoane: guitarra acústica e zanfona. Rodrigo Romaní: harpa, ocarina e bouzouki. Xosé Antón Mendez: frautas. Laura Quintillán: violín. Fernando Casal: gaita, clarinete, tin whistile e cromormo. Xosé V. Ferreirós: gaita, mandolina, bouzouki, oboe e uillean pipe. Moncho Garcia: percusión. Produción: Ruada. Edición: Ruada. Intérpretes:

Pezas

  1. Danza de San Roque de Hio. TRADICIONAL.
  2. Tecendo liño. TRADICIONAL.
  3. Danza de cariño. TRADICIONAL.
  4. A Bruxa. ANTÓN SEOANE.
  5. Muiñeira do Areal. TRADICIONAL.
  6. Si Bheag si Mhor - John Ryan's polka. O'CAROLAN / TRADICIONAL IRLANDESA.
  7. Rosalia. ANTÓN SEOANE.
  8. Alalá - Muiñeira - Xiga. TRADICIONAL.
  9. Danza de Astureses. TRADICIONAL.
  10. Ila vai o mar. RODRIGO ROMANÍ.
  11. Pasodoble do Berbés. TRADICIONAL.
  12. Axeitame a polainiña. TRADICIONAL/Tema de introducción de R. ROMANÍ.
  13. Polcas (da Arousa e do Tapal). A. SEOANE/ R. ROMANÍ / LAURA QUINTILLÁN.