Asociacion de Gaiteiros Galegos

Gaiteiros galegos
Inicio / Discografía / PANCHO ÁLVAREZ

PANCHO ÁLVAREZ

FLORENCIO, O CEGO DOS VILARES

Xénero:
Folc
Ano:
1998
Discográfica:
Boa Music

Descrición

Primeiro traballo discográfico en solitario do multiinstrumentista porriñés. Nel fai unha homenaxe a Florencio, o cego dos Vilares, ofrecendo unha boa mostra do seu repertorio.

Intérpretes:
Pancho Álvarez: violíns, mandolina, bouzouki, baixo, guitarra, concertina, pandeiro, pandeireta, bombo, teclados, voz e outras percusións.

Colaboracións:
María Solleiro: voz.
Maca Solleiro: voz.

Produción: Francisco Gude e Pancho Álvarez.
Edición: Do Fol. BOA.

Pezas

  1. A moza electricista. Texto de SUSO DE TORO e música TRADICIONAL.
  2. Xota de Riotorto. TRADICIONAL.
  3. A filla de Bartolo. TRADICIONAL.
  4. Muiñeiras de Vai e Ven. TRADICIONAL.
  5. O Vals da Louriña. PANCHO ÁLVAREZ.
  6. Na Eira. XOSÉ ROMERO SUÁREZ.
  7. Parrafeo dos namorados. TRADICIONAL.
  8. Xota da Fontaneira. TRADICIONAL.
  9. Os tres casamentos. TRADICIONAL.
  10. Ondas do Danubio. I. IVANOVIVI.
  11. A Gaita do Cristovo. TRADICIONAL.
  12. Noite de cans. TRADICIONAL.
  13. Muiñeiras de Florencio. TRADICIONAL.
  14. Vai de amores. TRADICIONAL.
  15. Danza de arcos do Miño. TRADICIONAL.
  16. Cantiga de Alfonso X. ALFONSO X el SABIO.

NAS CORDAS

Xénero:
Folc
Ano:
2001
Discográfica:
Boa Music

Descrición

Segundo disco de Pancho Álvarez. Nel continúa ofrecéndonos repertorio tradicional e de composición arranxado para cordas. El compuxo gran parte dos temas, arranxounos e interpreta practicamente tódolos instrumentos.

Intérpretes:
Pancho Álvarez: violín, bouzouki, mandolina, guitarra acústica, guitarra eléctrica, baixo, banjo, concertina, teclados, percusións e voz.

Colaboracións:
Félix Castro Vicente: concertina e acordeón.
Cástor Castro Vicente: flauta.
Fernando Fraga: acordeón.
Álvaro Iglesias: contrabaixo.
Miguel Seoane: guitarra.
Xurxo Núñez: bombo, tamboril, vibráfono, tambores, pandeiretas e guitarra.
Carlos Núñez: flauta.

Produción: Pancho Álvarez.
Edición: Do Fol. BOA.

Pezas

  1. Nas cordas. PANCHO ÁLVAREZ.
  2. Vinde parrafear. TRADICIONAL/PANCHO ÁLVAREZ.
  3. Muiñeiras do mar. TRADICIONAL/PANCHO ÁLVAREZ.
  4. O Seixal. PANCHO ÁLVAREZ.
  5. Vals Florencio. TRADICIONAL.
  6. O canciño do 127. ALFONSO G. PATO/PANCHO ÁLVAREZ.
  7. Alalá. PANCHO ÁLVAREZ.
  8. Muiñeira. PANCHO ÁLVAREZ.
  9. Cantiga de Alfonso X. ALFONSO X.
  10. ¡Salta, saltón!. PANCHO ÁLVAREZ.
  11. Carmiña. TRADICIONAL/PANCHO ÁLVAREZ.
  12. Chula do Miño. PANCHO ÁLVAREZ.
  13. Alalá de Padrón. TRADICIONAL.
  14. Indara. JUAN ÁLVAREZ.
  15. Muiñeira. PANCHO ÁLVAREZ.
  16. Alborada. PANCHO ÁLVAREZ.
  17. Pandeirada. TRADICIONAL.
  18. Nuevo cortejo. TRADICIONAL/ PANCHO ÁLVAREZ.
  19. Minué. G.F. HAENDEL.
  20. Polca en re. PANCHO ÁLVAREZ.

SONIDOS GALICIANOS

Xénero:
Folc
Ano:
2009
Discográfica:
Pai Música

Descrición

Trece pezas musicais, coas que o artista se mergulla nos ritmos galegos para atopar diferentes sonoridades, contando para elo coas colaboracións de Álvaro Iglesias ao contrabaixo e a voz de María Solleiro. O título do traballo fai referencia a unhas moedas acuñadas na época do antigo Reino de Galicia. Estas moedas, ademais doutros moitos tesouros, agochábanse segundo a mitoloxía popular baixo os castros e as mámoas, onde os seus donos os mouros vivían e mantiñan tratos cos homes. Pancho Álvarez, músico recoñecido na escena galega, é un multiinstrumentista que domina os instrumentos de corda, ademais dun excelente cantante. Nos seus traballos combina a tradición coa súa propia bagaxe musical, dándolle a todos eles un son fresco e cheo de matices e ofrecendo unha espectacular visión das vellas tradicións, pero dun xeito moderno e actual.