OS CARUNCHOS
En Galego
- Xénero:
- Grupos de música tradicional
- Ano:
- 2009
- Discográfica:
- Pai Música
Descrición
Así é, amigos festeiros, Luis "Caruncho" e toda a banda xa teñen no forno o seu próximo traballo que se chama "En Galego" e está editado por PAI Música.Aquí os temos. Aquí están dispostos a entrar polo torreiro adiante e armala. A poñelo de patas-pa-riba.”Ala, que vai!”. A bailar todo o mundo. “Que dirán por aí? Os Carunchos estamos aquí”. E veña quilómetros de troula, aturuxos, punteiros - … esas gaitas non están ben … de todo-, insomnio e … licor café. E “tenerifes”.
Pezas
MONTEALEGRE
- Xénero:
- Grupos de música tradicional
- Ano:
- 2005
- Discográfica:
- Pai Música
Descrición
Último traballo dos Carunchos. Nel Francisco M. Barreiro, bó coñecedor do grupo fai o seguinte comentario: "Podía falar da gran abundancia de timbres, ritmos e chispa musical e persoal que con tanta abundancia amosan aquí Os Carunchos (e os invitados). Facelo sería redundar, repetir o que xa sabemos. E como festa e alegría son inseparables, e Os Carunchos son pura festa, mesmo se falan de cousas serias, invítovos a facer voso este CD. Disfrutarédelo. ¡¡Vivan os Carunchos!!".Intérpretes:
Isaac Teniente Molinos: voz, pandeireta, bombo, tarrañolas, castañolas, piñas, cabazas, cunchas e ferriño.
Pilar González Barreras: tambor, voz, gaita, bombo, pandeiro, acordeón e ferriñas.
Pablo Rial Salgueiro: gaita, voz, cunchas. bombo e oboe.
Isabel Mouzo Ameijeiras: gaita, voz, bombo, pandeireta, frauta traveseira e frauta de pico.
Luis Enrique Correa Piñeiro: bombo, pandeireta, voz, gaita, tambor, zanfona, clarinete e pandeiro.
Colaboracións:
Xabier Blanco: voz en Montealegre.
Chuco Estévez: percusións tamén en Montealegre.
Ailén: voces en Que dirán.
Edición: PAI www.pai-musica.com
Contactos: www.oscarunchos.com
Pezas
- Que dirán. Letra e música POPULAR.
- Muiñeira póstuma a Ricardo Portela. HENRIQUE OTERO COVELO.
- Foliada das flores. FRANCISCO BARREIRO.
- Pasodoble en Galego. LUIS CORREA.
- Dos amores. Música de LUIS CORREA e letra POPULAR.
- Vals dos melindros. ISABEL MOUZO.
- Pasacorredoiras da corredera. PABLO RIAL.
- Segadinhas. POPULAR PORTUGUESA.
- Muiñeira de Chico. FRANCISCO BARREIRO.
- Non pode ser ese bighote. POPULAR.
- Prestige. LUIS CORREA.
- Jota de Arbo. POPULAR.
- Muiñeira do Sixto da Chaparra. POPULAR.
- Muiñeira corrida. POPULAR.
- Montealegre. POPULAR.
¡ALA, QUE VAI!
- Xénero:
- Grupos de música tradicional
- Ano:
- 1998
- Discográfica:
- Edicións do Cumio
Descrición
¡Ala, que vai! é o primeiro traballo discográfico dos Carunchos. Amosan un resumo do seu festivo repertorio tanto instrumental coma cantado. Nel misturan pezas populares con composicións propias, letras populares con musicacións de poemas actuais.Intérpretes:
Luis E. Correa Piñeiro: gaitas, zanfona, tambor, pandeireta, pandeiro e cunchas.
Pilar González Barreras: tambor, pandeireta, cunchas, ferriños, bombo e voz.
Maica Infante Infante: bombo, pandeireta, piñas, pais e voz.
Julián Mogín Del Pozo: pandeireta, pandeiro, bombo e voz.
Colaboracións:
Xosé Manuel Fernández: requinta.
Ana Sabela Fontán: voz.
Carlos Collazo: voz.
Producción: Edicións do Cumio, S.A.
Edición: Edicións do Cumio. S.A.
Pezas
- O Caruncho – Pasodoble de Cereo. POPULAR.
- Romance do muíño. TRADICIONAL.
- Muiñeiras da Peloura. LUIS CORREA.
- Maruxiña. POPULAR.
- A festa do boi. Letra de MANOLO PIPAS e música de LUIS CORREA.
- Imende. Muiñeira e jota do CHE.
- O meniño dorme. Letra de MANOLO PIPAS e música de LUIS CORREA.
- Rumba das mozas. LUIS CORREA.
- Camiño de Ourense. Letra de MANOLO PIPAS e música de LUIS CORREA.
- Jota de San Xoán. Letra POPULAR e música de LUIS CORREA.
- ¡Ai, mandilín!. POPULAR.
- Mazurca do cura. Letra POPULAR e música de LUIS CORREA.
- Ribeirana de Lira. POPULAR.
- Foliada insubmisa. Letra de MANOLO PIPAS e música POPULAR.
- Zumba. POPULAR portugués.
- Pasodoble concurseiro. Letra de MANOLO PIPAS e música de LUIS CORREA.
¡SEN TEMPO NON ERA!
- Xénero:
- Grupos de música tradicional
- Ano:
- 2002
- Discográfica:
- Zouma records
Descrición
Segundo traballo discográfico deste grupo vigués. Interpretan repertorio popular e de composición (de Luis Correa, gaiteiro e zanfonista do grupo). Neste segundo CD aportan novos instrumentos -oboe, frauta traveseira e requinta- e consolidan o estilo propio e inconfundible dos Carunchos.Intérpretes:
Luis Correa: gaita, requinta, zanfoña, asubío, pandeiro, bombo, pandeireta e voz.
Pilar González: voz, tambor, bombo, botella de anís, ferriño, piñas e pandeiro.
Pablo: gaita, oboe, bombo, cunchas, pandeireta e voz.
Isabel: gaita, frauta traveseira, bombo, pandeireta, piñas e voz.
Producción: Os Carunchos.
Edición: Zouma records.
Pezas
- Eva Castiñeira. POPULAR/LUIS CORREA.
- Muiñeiras de Raquel. LUIS CORREA.
- Vira da Raia. POPULAR portuguesa.
- Rumba María. LUIS CORREA.
- Foliada de Campelo. Música POPULAR e letra de Nazario González “Moxenas”.
- Míra-me Miguel. POPULAR portuguesa.
- Carmiña Carmela. TRADICIONAL/ OS CARUNCHOS.
- Pasodoble dos Carunchos. LUIS CORREA.
- Vals de Aguieira. LUIS CORREA.
- Pandeirada das ciber-regueifas. Letra de MANOLO PIPAS e música de LUIS CORREA.
- Pasodoble de Vilaverde. TRADICIONAL.
- Foliada rachada. POPULAR.
- O Tiroliro. POPULAR portuguesa.
- Vindo do monte. POPULAR.