Asociacion de Gaiteiros Galegos

Gaiteiros galegos
Inicio / Discografía / GAITEIROS DE SOUTELO DE MONTES

GAITEIROS DE SOUTELO DE MONTES

GAITEIROS DE SOUTELO DE MONTES

Xénero:
Grupos de música tradicional
Ano:
1992
Discográfica:
Sons Galiza

Descrición

Recopilación de tódalas gravacións que fixeron Os Gaiteiros de Soutelo a mediados do século XX. Sen lugar a dúbidas é un dos discos imprescindibles para todo gaiteiro ou gaiteira tanto polo seu repertorio, como pola incomparable interpretación deste mítico cuarteto.

Edición: Sons Galiza

Editado tamén por Sons Galiza como volume 1 da colección [i]Escolma de música galega[/i], en 1992.

Pezas

  1. Eicho de dar queridiña.
  2. Farruquiña chaman a porta.
  3. Muiñeira de Chantada.
  4. Foliada de Tenorio.
  5. Estroupeles troupele.
  6. Foliada de Luxán.
  7. A volta da festa.
  8. Fandango de Pontevedra.
  9. Alborada Rosalía de Castro.

TERRA DE MONTES (Imprescindible)

Xénero:
Grupos de música tradicional
Ano:
/06
Discográfica:
Ouvirmos

Descrición

Se hai uns gaiteiros lendarios na Galiza eses son Os Gaiteiros de Soutelo de Montes (1.919-1.936), e moi particularmente, o seu líder, Avelino Cachafeiro.
Esta é a primeira vez que se compilan a totalidade dos seus rexistros sonoros realizados en Ourense en 1.928, entre os que se atopa a primeira gravación da popular Muiñeira de Chantada.
Os Gaiteiros de Soutelo considéranse o máximo expoñente do tradicional cuarteto de gaitas, así como un referente estético e musical para as xeracións de gaiteiros posteriores.

Intérpretes: Os Gaiteiros de Soutelo
Compositores: Tradicional / Popular/ Canuto Berea
Investigación musical: Juanjo Fernández.

Edición: Ouvirmos.
Coleción: A TIRACOLO.

Pezas