Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Discografía / OS CEMPÉS

OS CEMPÉS

TENTEMOZO

Xénero:
Novidades
Ano:
2012
Discográfica:
Fol Música

Descrición

A banda se reinventa de novo con TENTEMOZO, nunha nova gravación na que participan máis de 50 artistas entre músicos, técnicos e creativos.
Neste disco Os Cempés atopan novos camiños sonoros e recrean con novos timbres o seu propio son característico e único.
O repertorio é unha selección de músicas para bailar, as máis fermosas coplas e as mellores melodías do cancioneiro popular, arranxadas polo propio grupo agás novas composicións. A dirección artística e coordinación xeral foi de Oscar Fernández.
O son de TENTEMOZO é unha exaltación do carácter acústico dos instrumentos populares, nunha sucesión de temas con arranxos que van dende o máis íntimo ao máis orquestrado, todos eles rexistrados do xeito máis fidedigno posible, sempre baixo a mestría e implicación no proxecto de Tomás Ageitos, técnico e gurú do Estudio A Ponte, en Compostela.
Música da Terra para comezar unha revolución, e tamén para namorar, para bailar sen parar toda a noite, para rir, para sentir sensacións de tempos pasados ou como banda sonora dos presentes.

Pezas

1 Mirandesa

2 Pasodoble Da Illa

3 Pasodoble Lugo-Ferrol

4 Muiñeiras De Agra

5 Encima De Mel Filloas

6 Mazurca De Paco De Escornabois

7 Polcas De Luis E De Secundino

8 Muiñeiras Da Noite

9 Mañá

10 Alalá Da Illa

11 O Relo E O Lelo

12 1904

¡¡OPA III!!

Xénero:
Folc
Ano:
1995
Discográfica:
Boa Music

Descrición

Primeiro traballo discográfico dos Cempés. Gravado ao vivo, este grupo ofrécenos un animado repertorio na súa maior parte tradicional, arranxado para acordeón, gaitas e percusións varias. Intérpretes: Oscar Fernández Sanjurjo: acordeón. Antón Varela: gaitas. Beto Niebla: tamboril. Pablo Ces: bombo. Serxo Ces: pandeireta, asubío, clave cubana, cencerro vacuno, voz. Edición: Do Fol. Boa.

Pezas

  1. Vals a Mari/ Vals e rumba de Vergara. TRADICIONAL/ ÓSCAR FERNÁNDEZ SANJURJO.
  2. Alborada/Polca para Erica. TRADICIONAL /ANTÓN VARELA.
  3. Xotas de Acevedo. TRADICIONAIS.
  4. Chao Paulino. TRADICIONAL.
  5. Mazurcas. TRADICIONAIS.
  6. ¡OPA IIII! OSCAR FERNÁNDEZ SANJURJO/ GONZÁLEZ ENRÍQUEZ / TRADICIONAL.
  7. Foliada de Monforte. TRADICIONAL.
  8. En Biduane /O Caíño. TRADICIONAL /OSCAR FERNÁNDEZ SANJURJO.
  9. Recelle. TRADICIONAL.
  10. Farruquiña chaman á porta. TRADICIONAL (do repertorio dos Gaiteiros de Soutelo).

CAPITÁN RE

Xénero:
Folc
Ano:
1997
Discográfica:
Boa Music

Descrición

Segundo disco do grupo. Nel hai que destacar a introducción da zanfona, saxo soprano e outros instrumentos. Repertorio tradicional e de autor combinados para conseguir a vitalidade propia do son dos Cempés.

Intérpretes:
Pablo Ces: bombo, bimbio, cencerro, voz.
Beto Niebla: tamboriles, darbouka, voz.
Antón Varela: gaitas, grande cornemuse bourbonnais, voz.
Oscar Fernández Sanjurjo: acordeón, zanfona, voz.
Serxio Ces: pandeireta, asubío, triángulo, saxo soprano, voz.

Colaboracións:
Fran Rey: piano.
Raquel Fontes: cunchas.
Carlos Beceiro: zanfona, bouzouki, viola braguesa.

Produción: Os Cempés.
Edición: Do Fol. Boa.

Pezas

  1. Danza do Rosal /Pasodoble de Seivane. TRADICIONAIS.
  2. Muiñeira de 8000. ANÓNIMA.
  3. Jota de Francisco Paradela. TRADICIONAL.
  4. A Loureana. OSCAR FERNÁNDEZ SANJURJO.
  5. Pasodoble de Sergio Sánchez. Autor descoñecido.
  6. Canto de Berce dos Cés. TRADICIONAL.
  7. Os Bandallos. OSCAR FERNÁNDEZ SANJURJO.
  8. Rastreada/Polca de San Román. TRADICIONAL.
  9. Capitán Re. OSCAR FERNÁNDEZ SANJURJO.
  10. Jota dos Panxolos. OSCAR FERNÁNDEZ SANJURJO.
  11. La Sansonette. DOMINIQUE FORGÉS.
  12. ¡¡Hei Carballeira!! TRADICIONAL.

CIRCO MONTECURUTO

Xénero:
Folc
Ano:
2001
Discográfica:
Boa Music

Descrición

Terceiro disco do grupo Os Cempés. Con el introducen a batería e o clarinete na súa formación. O repertorio segue a ser tradicional e de autor como nos dous traballos anteriores. Intérpretes: Serxo Cés: pandeireta, saxo soprano, gran asubío e voz. Antón Varela: gaitas e clarinete. Toni do Jaz: batería e percusión. Oscar Fernández Sanjurjo: acordeón, zanfona, voz e carajillo. Produción: Francisco Gude e Oscar Fdez. Sanjurjo. Edición: Do Fol. Boa.

Pezas

  1. Circo Montecuruto. TRADICIONAL/OSCAR FDEZ. SANJURJO.
  2. Sara Sariña. TRADICIONAL/OSCAR FERNÁNDEZ.
  3. A Micaela. TRADICIONAL.
  4. Mazurca de Prieto. TRADICIONAL.
  5. Pasodoble Municipal. TRADICIONAL.
  6. Jota das Fontes. ANTÓN VARELA/OSCAR FDEZ. SANJURJO.
  7. Con el vino sano yo. TRADICIONAL/OSCAR FERNÁNDEZ.
  8. Mazurca de Filispín. TRADICIONAL.
  9. A cabra. TRADICIONAL/OSCAR FDEZ. SANJURJO.
  10. Febreiro 98. OSCAR FDEZ. SANJURJO.
  11. Portosiña&Pontebora. FAUSTINO DEL RÍO/NAZARIO GONZÁLEZ "MOXENAS".
  12. 1 de xuño en Cedeira. TRADICIONAL/OSCAR FDEZ. SANJURJO.

MOE A MOA

Xénero:
Folc
Ano:
2003
Discográfica:
DiscMedi

Descrición

Os Cempés gravan o seu cuarto e último traballo discográfico en "vigo i en directo". Esta vez tamén cunha guitarra e baixo eléctrico interpretan ao vivo, repertorio baseado en temas tradicionais e de autor. No cd tamén inclúen unha pista multimedia con vídeo, fotos, textos, etc.

Intérpretes:
Oscar Fernández: acordeón e zanfona electroacústica.
Serxo Ces: voz, saxo e pandeireta.
Antón Varela: gaitas e clarinete.
Oscar Painceiras: baixo eléctrico.
Cabe García: guitarra eléctrica.
Jose Piñeiro: batería.

Colaboracións:
Álvaro Lamas: steel guitar.

Produción: Ben-Xeit.
Edición: DiscMedi.


Pezas

  1. Moe a Moa. Basado en temas tradicionais.
  2. Cantarela dos Bares. Basado en temas tradicionais.
  3. Pasodoble romántico. Basado en temas tradicionais.
  4. Sara, Sariña. Basado en temas tradicionais.
  5. Capitán Do. OSCAR FERNÁNDEZ/TRADICIONAL.
  6. Napev. Basado en temas tradicionais.
  7. O Avichao. OSCAR FERNÁNDEZ.
  8. Febreiro. OSCAR FERNÁNDEZ.
  9. Novo Biduído. Basado en temas tradicionais.
  10. Aranga & Mariñana. Basado en temas tradicionais.
  11. O gaiteiro de Texas.
  12. A Turbocabra. OSCAR FERNÁNDEZ/TRADICIONAL.
  13. A Carolina. Basado en temas tradicionais.
  14. En Torás. Basado en temas tradicionais.
  15. Que non volvan...! Basado en temas tradicionais.
  16. A Moa.

OS CEMPÉS 11 ANOS

Xénero:
Folc
Ano:
2005
Discográfica:
nakra

Descrición

Atoparedes nel, unha selección remasterizada dos tres primeiros traballos publicados polo grupo, ¡¡Opa iii! (1995), Capitan Re (1997) e Circo montecuruto (2001) e unha nova peza de regalo especialmente creada para celebrar e amplificar o evento.

Pezas

  1. A Carolina TV
  2. A Micaela
  3. Muiñeira de 8000
  4. Mazurcas
  5. La Sansonnette
  6. Polca para Erica
  7. Sara Sariña
  8. Os Bandallos
  9. Circo Montecuruto
  10. Vals a Mari