Asociacion de Gaiteiros Galegos

Gaiteiros galegos
Inicio / Discografía / SUSANA SEIVANE

SUSANA SEIVANE

SUSANA SEIVANE

Xénero:
Folc
Ano:
1999
Discográfica:
Boa Music

Descrición

Primeiro traballo discográfico da gaiteira Susana Seivane. Nel ofrece unha selección do seu repertorio na súa maioría tradicinal arranxado principalmente para gaita solista acompañada doutros instrumentos. Conta coa producción musical de Rodrigo Romaní e a colaboración de artistas como Anxo Pintos, Laura Quintillán, Xosé Ferreirós e Sonia Lebedynski. Intérpretes: Susana Seivane. gaitas en sib, do e re grave, bombo, pandeireta, tamboril, djembé, darbuka, voz. Brais Maceiras: acordeón diatónico, tarrañolas, tin whistle. Rodrigo Romaní: bouzouki, guitarra acústica, guitarra española, cítara, ocarina, teclado, acordeón, ferreñas, birimbao, claves, marimba. Beto Niebla: tamboril. Kim García: baixo, contrabaixo. Xosé Liz: frauta traveseira. Artistas invitados: Sonia Lebedynski: voz. Laura Quintillán: violín. Anxo Pintos: zanfona. Xosé Ferreirós: óboe, bodhram, maracas. Nando Casal. Produción: Rodrigo Romaní. Arranxos: Rodrigo Romaní, Susana Seivane e Brais Maceiras. Edición: Boa. Do Fol.

Pezas

  1. Jotabé. MELO SUÁREZ.
  2. Taramundi e Alén. Recollido por Xosé M. Seivane/ MELO SUÁREZ.
  3. Xota de Niñodaguia, muiñeira do muíño de Peizás, polca para Erica Muíño. BIEITO ROMERO/ RAÚL GALEGO/ ANTÓN VARELA.
  4. Pasacorredoiras de Ponteareas. TRADICIONAL.
  5. Alalá de Vilalba. TRADICIONAL.
  6. Sabeliña. SUSANA SEIVANE.
  7. Narcha procesional dos Mato. Do repertorio dos "Mato".
  8. Fonsagrada. Muiñeiras recollidas a XOSÉ MARENTES e EMILIO FERNÁNDEZ.
  9. Xota dos 28 puntos. Recollida a CLEMENTE.
  10. Maneo. POPULAR.
  11. A cotula. Recollida a XOÁN NEL EXPÓSITO PRADO.
  12. Saviñao e pasodobre de Pousada. Recollidas ó señor MODESTO (do cuarteto de Corneás) e o gaiteiro MANUEL (Atilano).
  13. Tres muiñeiras. Muiñeira do Vello Rilo (repertorio do gaiteiro Rilo de Betanzos), muiñeira de Manuel do Pazo (recollida a Emilio Fernández) e muiñeira de Ambite (do repertorio do gaiteiro Enrique Ambite).

ALMA DE BUXO

Xénero:
Folc
Ano:
2001
Discográfica:
Boa Music

Descrición

Segundo traballo discográfico de Susana Seivane. Nel vai consolidando o seu estilo interpretando temas tradicionais e de autor. Destacar a colaboración dunha banda de música na Rumba para Susi de Ernesto Campos. Intérpretes: Susana Seivane: gaitas (do, re e si bemol), tamboril, bombo, pandeireta, voz e teclados. Brais Maceiras: acordeón diatónico. Xurxo Iglesias: bouzouki. Iván Laxe: baixo eléctrico. Carlos Castro: batería e percusións. Xavier Cedrón: violín. Juan Cabezón: banjo. Álvaro Lamas: steel guitar. Magoia Bodega: zanfona e gaita en sib. Roberto Grandal: acordeón piano e teclados. Dani Sisto: guitarra acústica. Rodrigo Romaní: cítara, arpa e guitarra acústica. Kepa Junkera: trikitixa. Agrupación Musical Harmonía. Kim Garcia: baixo eléctrico. Xavier Gastañaduy: guitarra acústica e guitarra española. Sabela Orgueira: aturuxo. Lola de Ribeira: voz e pandeireta. Olga Kirk: voz e pandeireta. Guadi Galego: voz. Sonia Lebedynski: voz. Uxía Pedreira: voz. Uxía Senlle: voz. Edición: Do Fol. BOA.

Pezas

  1. Vai de Polcas. MANUEL VILLANUEVA/ JOSÉ J. PRESEDO / PEPE VAAMONDE.
  2. A Farándula. TRADICIONAL.
  3. Saínza /Riofrío. SUSANA SEIVANE/MAGOIA BODEGA.
  4. Roseiras de Abril. UXÍA SENLLE / SUSANA SEIVANE.
  5. Xoaniña. PEPE VAAMONDE.
  6. Rumba para Susi. ERNESTO CAMPOS.
  7. Vals Bretón /Muiñeira picada. A. OLLU/ TRADICIONAL.
  8. Na terra de Trasancos. ANDRÉS TOXEIRO.
  9. Muiñeira de Alén. TRADICIONAL.
  10. Ti e máis eu. ROBERTO GRANDAL/ SUSANA SEIVANE.
  11. Chao /Curuxeiras. Interpretada por Xosé Manuel Seivane. XOSÉ MANUEL SEIVANE.
  12. Chao /Curuxeiras. Interpretada por Susana Seivane. XOSÉ MANUEL SEIVANE.
  13. Marcha procesional dos cinco de Galicia /Aturuxeira. TRADICIONAL/ PEPE VAAMONDE.

MARES DE TEMPO

Xénero:
Folc
Ano:
2004
Discográfica:
Boa Music

Descrición

Neste novo proxecto Susana Seivane conta cos músicos que lle acompañan normalmente nos concertos en directo. Se incorporan á banda dous novos fichaxes: Roberto Somoza (saxos e frauta) e Quique Alvarado (baixo), que tamén colaboran nesta nova gravación. Cuns arranxos dos temas máis "atrevidos", Susana ofrécenos repertorio tradicional e de composición, ademáis de temas cantados por ela mesma. Ademáis do cd, este traballo incorpora un dvd moi completo (cun video clip, extras, directos, fotos...). Intérpretes: Susana Seivane: gaita (sib, do, re e re grave), voz, bombo tradicional, pandeireta e castañolas. Brais Maceiras: acordeón diatónico. Carlos Freire: tamboril tradicional, caixón flamenco, darbuka, shaker, djembé e bongos. Iván Laxe: baixo eléctrico, teclados, piano e programacións. Teresa Sayas: batería. Xurxo Iglesias: bouzouki. Colaboracións: Carlos Castro: táboa india, triángulo, cunchas, ferreñas de pandeireta e shakers. Gaudi Galego: voces. Quique Alvarado: baixo eléctrico. Roberto Grandal: teclado, acordeón piano e bombo tradicional. Roberto Somoza: saxo. Rodrigo Romaní: arpa. Ruote: voces. Sabela Orgueira: aturuxos. Vías: serrón e trompeta. Xavier Cedrón: violín. Xavier Gastañaduy: guitarra acústica. Xavier Paxariño: frautas de bambú (bansuri), frauta baixa, frauta soprano, ney e clarinete turco. Edición: Do Fol. BOA.

Pezas

  1. Retrato de Fiona. XURXO IGLESIAS.
  2. Andoriña Mariñeira. HENRIQUE OTERO.
  3. O Segredo. Música de SUSANA SEIVANE e letra de SABELA ORGUEIRA.
  4. Olla como se peneira. XOSÉ LOIS ROMERO CAJIGAL.
  5. Começo do verâo/ Polca do Ulla. HELENO DOS OITO BAIXOS/ Repertorio dos ROSALES.
  6. Muiñeira do Alén. TRADICIONAL.
  7. Xota de Vilabol. TRADICIONAL.
  8. Xota de Liñares. TRADICIONAL.
  9. Mazurca de Comptoir. CHRISTIAN DESNOS.
  10. Tempo de pensar. GUADI GALEGO.
  11. Doce días. IVÁN LAXE.
  12. Miña Virxe, meu amor. Música de SUSANA SEIVANE e letra de GUILLERMO DÍAZ.
  13. Namorándome (pista extra). ROBERTO GRANDAL e SUSANA SEIVANE.

OS SOÑOS QUE VOLVEN

Xénero:
Folc
Ano:
2009
Discográfica:
Evanies Musica

Descrición

Cuarto disco de Susana Seivane, que se edita baixo o título de Os Soños que volven, no que Susana da renda solta a todos eses recordos dos que mamou dende a súa infancia. Pódese dicir sin ningún tipo de tapuxo, que o disco é un verdadeiro homenaxe á música tradicional galega.


Catorce temas entre os que destacan moitos nos que se ve que Seivane fai unha verdadeira homenaxe a todos aqueles grupos que marcaron. Moi especial é Para Milladoiro, no que a arpa de Rodrigo Romaní realiza unha fusión perfecta cos sons saidos da gaita do punteiro de Susana.


Susana Seivane atrevese de novo con temas cantados, neste caso nun tema como Que dirán, no que se nota a verdadeira evolución da gaitera ao longo destos anos, cun son verdadeiramente folk, cunha letra pero que moi tradicional.


Por Os Soños que Volven paséanse igualmente outra serie de invitados, aparte do mencionado Rodrigo Romaní, a zanfona de Anxo Pintos, o violín de Harry Price ou o saxofón de Pedro Lamas.


O disco está editado polo propio selo de Susana (Enavíes Música).


Con este disco Seivane reivindica a forza e a historia da rica música tradicional de Galicia, dotándoos dunha modernidade propia do século XXI, aínda que sen olvidar a raíz máis pura. O disco cérrase a ritmo de pasodoble co Pasodoble de San Roque, e ao máis puro estilo Seivane de Festa.


 

Pezas

01. Foliada do Quinteiro
02. Maruxa
03. Dous mares
04. Mazurcas das Rías Baixas
05. Que dirán
06. Fox-trot
07. Reviravolta
08. Para Milladoiro
09. A Moxenas
10. A Coruña
11. Foliada de Caión
12. Muiñeira do Graciano e A Fraga
13. Pernas pra riba
14. Pasodoble de San Roque