Asociacion de Gaiteiros Galegos

Gaiteiros galegos
Inicio / Discografía / XARÍN

XARÍN

GAITEIROS DO INCIO

Xénero:
Grupos de música tradicional
Ano:
1999
Discográfica:
Zouma records

Descrición

Neste primeiro traballo discográfico, o grupo Xarín interpreta repertorio tradicional (maioritariamente recollido no Incio e arredores) con gaitas en distintos tonos, acordeón, percusións e frauta traveseira. Con el, os "Gaiteiros do Incio" queren simbolizar unha festa, como gaiteiros de sempre que queren vivir na sociedade actual.

Intérpretes:
Suso (Xesús Luis Fernández Rodríguez): frauta traveseira, gaitas en do e si b, voz.
Alberto (Alberto Fernández Dacal): bombo, platillos, cunchas e voz.
Óscar (Óscar Sánchez Rodríguez): gaitas en do, re e sol, tamboril, pandeireta e voz.
Totono (Antón Valcárcel Vázquez): acordeón e voz.
Cosme (Cosme E. Pombo Rodríguez): gaitas en do, sol e sib, bombo, clave e voz.
Neme (Nemesio Pérez Díaz): tamboril, pandeireta, cunchas, maracas e voz.

Produción: Xarín.
Edición: Zouma Records.

Pezas

  1. Birindo.
  2. Danza do entrenzado de Allaríz. TRADICIONAL.
  3. Muiñeira de "Os Airiños". Do repertorio dos "Airiños da Antigua" (Ferrería do Incio).
  4. Valse do Carballal. Do repertorio de Xoán do Carballal.
  5. Carballesa do Incio. Do repertorio dos "Airiños da Antigua" (Ferrería do Incio).
  6. Baixando do monte.
  7. Nosa Nai. Recollida a Paco da Ferrería.
  8. Pasodobres do Carballal e Paderne.
  9. Se vas a París. Recollida en Salcedo (Póboa de Brollón).
  10. Pasodobre e muiñeira do Courel.
  11. Xota dos Airiños.
  12. Rumba de Ibias - A Pomba.