Asociacion de Gaiteiros Galegos

Gaiteiros galegos
Inicio / Discografía / CALDALOBA

CALDALOBA

AS CORES DA MÚSICA

Xénero:
Folc
Ano:
1999
Discográfica:
Sons Galiza

Descrición

Primeiro traballo discográfico do grupo. Interpretan temas tradicionais e de autor con zanfonas, gaitas, frautas de pico, óboe... instrumentos acústicos para unha proposta folc de raíz. Este disco foi gravado por ser Caldaloba o grupo gañador no certame Galicia Sons Folk no ano 1998.

Intérpretes:

Bruno Villamor: gaitas (re, do, sib), requinta, pandeireta, tamboril.
Óscar Trigo Abraira: acordeón, tecladose piano.
Marcos Galán: óboe, corno inglés, frautas, chifros, gaitas (sol, do, sib), pandeireta e choca.
Vitor Otero: zanfona, gaitas (do, sib), pandeireta.
Xaneco Tubio: tamboril, pandeiro, pandeireta, tixoletas, ferriño.
Ramón Parga: bandolim, bombo, tarrañolas, trécolas, pandeiro, ferriño.
Xavier Santiso "Puchi": violino, bombo.

Producción: Caldaloba.
Edición: Sons Galiza.

Pezas

  1. Caldaloba. XAVIER SANTISO "PUCHI".
  2. Ghota morna. TRADICIONAL. Arranxos Caldaloba.
  3. Marcha procesional de Poio. TRADICIONAL. Arranxos Caldaloba.
  4. Foliada de Meaño. R. DOVALO. Arranxos Caldaloba.
  5. A pita choca. CALDALOBA.
  6. Rumbabria. TRADICIONAL. Arranxos Caldaloba.
  7. Polka queles unha polca. ANTÓN CASTRO. Arranxos Caldaloba.
  8. Abangueira. TRADICIONAL. Arranxos Caldaloba.
  9. Vals do Miro. TRADICIONAL. Arranxos Caldaloba.
  10. Marenga. XOSÉ CASAL. Arranxos Caldaloba.