Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Discografía / FAUSTINO SANTALICES

FAUSTINO SANTALICES

GRAVACIÓNS HISTÓRICAS DE ZANFONA (Imprescindible)

Xénero:
Solistas
Ano:
2004
Discográfica:
Boa Music

Descrición

Recompilación de todo o que Faustino Santalices deixou gravado ó longo da súa vida (Os once primeiros temas pertencen á gravación do ano 1949, editada no seu día por Discos Columbia co título Faustino Santalices “la zanfona”; os cinco seguintes temas pertencen á gravación do ano 1927, editada no seu día por Discos Regal e os dous últimos temas son inéditos dunha gravación realizada en 1949). Neste CD podemos disfrutar do delicioso repertorio de Faustino a través do seu canto, da súa zanfona e da súa gaita. Sen ningunha dúbida estamos ante unha das xoias da música tradicional do século XX.


Intérpretes:

Faustino Santalices: zanfona, voz e gaita.
Modesto Sánchez: gaita.

Pezas

  1. Romance de Don Gaiferos. TRADICIONAL.
  2. Camiña Don Sancho. TRADICIONAL.
  3. Axéitame a polainiña. TRADICIONAL.
  4. Lonxe da terriña. TRADICIONAL.
  5. Alalá de seitura. TRADICIONAL.
  6. Alalá das mariñas. TRADICIONAL.
  7. Redonda o golpe. TRADICIONAL.
  8. Cantigas de cegos. TRADICIONAL.
  9. Alalá de Padrón. TRADICIONAL.
  10. Alalá de arrincar o liño. TRADICIONAL.
  11. Pasei pola tú porta /Esta noite hei de ir alá. TRADICIONAL.
  12. Canto de seitura. TRADICIONAL.
  13. Canto de romería. TRADICIONAL.
  14. Muiñeira de Cartelle. TRADICIONAL.
  15. Pasacorredoiras de Arnoia. TRADICIONAL.
  16. Alborada antiga de Ourense. TRADICIONAL.
  17. Marcha procesional (século XVI) Santa Lucía para Rairo. TRADICIONAL.
  18. Antiga alborada popular galega. TRADICIONAL.