Asociacion de Gaiteiros Galegos

Gaiteiros galegos
Inicio / Discografía / NOITAREGA

NOITAREGA

XXI

Xénero:
Grupos de música tradicional
Ano:
2011
Discográfica:
Estudios Muu

Descrición

Logo de dez anos dende o lanzamento do derradeiro disco, Noitarega volve á actualidade coa edición de "XXI", o noso novo traballo discográfico, un disco conmemorativo dos 21 anos de existencia do grupo. Gravado nos Estudios Muu de Vigo baixo a produción de Pedro Feijóo e do propio grupo, "XXI" é un disco que nos amosa a clara evolución da banda ao longo destes anos e que conta cunhas colaboracións musicais de luxo: Anxo Pintos (Berrogüetto), Luís "O Caruncho" e Berto Costas (Os Carunchos),  Xaime Estévez (Os Terribles de Donas), Coral Lago (Gaideón), Pandeireteiras Grialia e Silvia Costas. "XXI" estará dispoñible a finais deste mes de Xuño.

Colaboradores

Anxo Pintos (Berrogüetto)


Ernesto Campos


Xaime Estévez (Os Terribles de Donas)


Luís “O Caruncho”, entre outros.

NOITAREGA

Xénero:
Grupos de música tradicional
Ano:
1999
Discográfica:
Edicións do Cumio

Descrición

Neste segundo traballo discográfico, Noitarega faille unha homenaxe ós Gaiteiros de Soutelo, Os Morenos de Lavadores, Os Cruceiros de Vigo e a Enrique Otero Covelo. Interpretan temas do repertorio dos gaiteiros homenaxeados. Este CD pertence á colección “Os nosos gaiteiros”, coa colaboración e asesoramento da ASOCIACIÓN DE GAITEIR@S GALEG@S.

Intérpretes:
Manuel Alonso Iglesias: tamboril.
Xosé Mª Gutiérrez García: bombo.
Telmo Costas Comesaña: gaita.
Fernando Costas Rodríguez: gaita.
Xosé Manuel Oliveira Rodríguez: gaita.
Xaime Rivas Dacosta: gaita.

Produción: Edicións do Cumio.

Edición: Edicións do Cumio.

Pezas

  1. ¡Farruquiña, chaman á porta!. Repertorio dos Gaiteiros de Soutelo.
  2. Foliada dos Morenos. Repertorio dos Morenos de Lavadores.
  3. Orballo. ENRIQUE OTERO COVELO. Repertorio dos Cruceiros de Vigo.
  4. Ao saír de romaría. Repertorio dos Morenos de Lavadores.
  5. Estróupele-estróupeles. Repertorio dos Gaiteiros de Soutelo.
  6. Churrusqueira de San Roque. Repertorio dos Morenos de Lavadores.
  7. Muiñeira do Lagares. ENRIQUE OTERO COVELO.
  8. Fandango de Pontevedra. Repertorio dos Gaiteiros de Soutelo.
  9. Ribeirana de Ruliña. Repertorio dos Morenos de Lavadores.
  10. Xota dos mariñeiros. ENRIQUE OTERO COVELO.
  11. Muiñeira das Milladas. Repertorio dos Morenos de Lavadores.
  12. Foliada de Vilar. Repertorio dos Morenos de Lavadores.
  13. Muiñeira de Chantada. Repertorio dos Gaiteiros de Soutelo.
  14. Lembranzas do gaiteiro. ENRIQUE OTRO COVELO. Repertorio dos Cruceiros de Vigo.
  15. Á volta da festa. Repertorio dos Gaiteiros de Soutelo.

NOITAREGA

Xénero:
Grupos de música tradicional
Discográfica:
Sonifolk

Descrición

Estamos ante o primeiro traballo discográfico deste veterano grupo vigués. Noitarega interpretan coidadosamente repertorio da zona de Vigo (na súa maioría de autor), arranxado polo grupo para quinteto de gaitas. Tamén inclúen na gravación outros instrumentos populares como a zanfona e a requinta.

Intérpretes:
Manuel Alonso.
Fernando Costas.
Xosé M. Gutierrez.
Xosé M. Oliveira.
Xaime Rivas.

Edición: Sonifolk, S.A.

Pezas

  1. Feitizo. FERNANDO COSTAS.
  2. Xota de Lavadores. ENRIQUE OTERO.
  3. A nai e maila filla. CARLOS JUSTO.
  4. Lembrando a Os Morenos. Repertorio de OS MORENOS de Lavadores.
  5. Agarimos e lembranzas. ENRIQUE OTERO.
  6. Mazurca para Teresa. CARLOS JUSTO.
  7. Agachadiña – Na Freixa. Nazario González “MOXENAS”.
  8. A Praza do Ferro. CARLOS JUSTO.
  9. Baixando para a Salgueira. CARLOS JUSTO.
  10. Xota para meu irmán. CARLOS JUSTO.
  11. Chegaches, Lola. CARLOS JUSTO.
  12. Danza dos Petos – Vals dos Vellos. Repertorio de “AIRIÑOS DO PARQUE DE CASTRELOS”.