Asociacion de Gaiteiros Galegos

Gaiteiros galegos
Inicio / Discografía / CRISTINA PATO & MUTENROHI

CRISTINA PATO & MUTENROHI

MISTURADOS

Xénero:
Folc
Ano:
2007
Discográfica:
Zouma records

Descrición

Cando era unha adolescente de dezaseis anos, Cristina Pato entrou a formar parte da banda ourensá Mutenrohi e con eles deu os seus primeiros pasos no eido musical tocando a gaita ata que unha oferta da editorial Fonomusic chegou a convertela en solista.


As ligazóns musicais e afecticas da gaiteira cos compoñentes de Mutenrohi, entre os que se atopaba a súa irmá Raquel e Xoán Padrón, co que casou pasados uns anos, son grandes. A artista mantén contacto permanente cos seus antigos compañeiros, non en van a súa axencia de management é Ciba, que leva Xoán Carlos Fernández Fasero, guitarrista de Mutenrohi e produtor dos dous discos en solitario publicados pola ourensá. Esta familia musical reeditou vellos tempos nun concerto celebrado en xullo do ano pasado na praza irmáns Naveira da vila de Betanzos e ese directo vén agora reflectido nun CDe un DVD publicados baixo o título de Misturados. Esta obra recolle algúns dos temas máis significativos da andaina de Pato, tanto recurrindo á súa obra en solitario como ao traballo desenvolvido anteriormente cos Mutenrohi. Once son os temas incluídos no álbum e resulta sintomático que non se recurra ao repertorio de Xilento, o último traballo discográfico da artista, publicado no 2001, agás na peza Os Sentidos , que no disco subliñado só estaba colocada como un bonus track. Xilento non foi unha obra moi lograda e as pezas máis coñecidas de Cristina Pato son as que viñan en Tolemia, que significou o seu debut no ano 1999.

Pezas

01. Bag Á L´ame
02. Os Sentidos
03. Mutenrohi
04. Tolemia
05. Escuiten Señores
06. Eu en Tí
07. Tenho Sede
08. Carmiña, Carmela
09. Alalá - Muiñeiras II
10. Muiñeiras III Escuchar
11. Lozana