Asociacion de Gaiteiros Galegos

Gaiteiros galegos
Inicio / Discografía / XABIER DÍAZ E GUILLERME FERNÁNDEZ

XABIER DÍAZ E GUILLERME FERNÁNDEZ

ARROLOS DE SALITRE

Xénero:
Solistas
Ano:
2010
Discográfica:
Músicas de Salitre

Descrición

Xabier Díaz e Guillerme Fernández, impulsores deste proxecto, lanzan o seu novo disco: "Arrolos de Salitre", un traballo que se lanza en Decembro de 2010 e que está formado por once cancions entre as que se incluen canción de berce tradicionais e outras de nova creación. Composto e producido por estos dous membros de BERROGÜETTO, neste disco tamén participaron oito artistas emerxentes galegos que cederon as súas voces a estas cancións contruidas dende a tradición ou empregando a mesma como materia prima para a súa elaboración. Según manifestaron os propios Xabier Díaz e Guillerme Fernández, “para este disco buscamos a colaboración de novas voces galegas, menos coñecidas pero de grandísima calidade”. Paralelamente incluense 10 textos de diferentes autores como Carlos Rivero, Xabier Díaz ou unha selección de coplas de tradición oral extraídas do Archivo de SALITRE. Xunto a esas oito voces as guitarras de Guillerme Fernández e o acordeón e percusións de Xabier Díaz, en "Arrolos de Salitre" participaron outros artistas como Quim Farinha, Pedro Lamas e Suso Iglesias, un conto da escritora Lupe Gómez e os barcos de cáscara de noz (deseño) de Nébeda Piñeiro.

MÚSICAS DE SALITRE

Xénero:
Solistas
Ano:
2005
Discográfica:
Músicas de Salitre

Descrición

Este proxecto é o resultado do encontro musical de dous homes, unha voz do norte (Xabier Díaz) e un guitarrista do sur (Guillermo Fernández). Músicas de Salitre foi gravado integramente no transcurso do ano 2004, en Compostela, por eles dous e producido por Guillerme Fernández, contando coa colaboración de renomeados músicos como Xosé Lois Romero, Paco Dicenta, Carmen Rey.