ANXO LORENZO
Na súa ampla experiencia como gaiteiro ten colaborado en numerosos proxectos musicais fusionando os sons tradicionais da gaita cunha gran variedade de estilos, da música electrónica ao jazz, pasando polo pop, rock ou flamenco. Deste xeito, convertiu a gaita nun instrumento sin fronteiras que semella non ter límites ante a súa mestría.
Unha longa lista de formacións e solistas avalan a solvencia deste talentoso gaiteiro. Fundador de Spiritu 986, destacan as súas colaboracións con artistas da altura de Celtas Cortos, Lúnasa, Kathryn Tickell, Michael McGoldrick, The Chieftains, The National Jazz Orchestra, Luigi Lai, Diarmaid Moynihan, Brian Finnegan, Xarabal, Jaula de Grillos, Tejedor, Angus Mackenzie, Iain MacDonald, Germán Díaz, Mónica Molina, Skape, Amistades Peligrosas, Poncho k…
Agora, etc.
Tirán
- Xénero:
- Folc
- Ano:
- 2010
- Discográfica:
- Zouma records
Descrición
Anxo preséntanos o seu primeiro traballo en solitario: “Tirán”. Inspirado nun longo percorrido musical que o levou a coñecer milleiros de lugares e melodías para compartir con músicos de diferentes nacións. Unha viaxe que sempre comeza e remata en Galicia. En “Tirán”, Anxo Lorenzo volve poñendo a proba os límites da gaita e os propios para facernos crer que todo é posible na música. Coa produción de Pedro González e acompañado da súa banda, formada por Xose Liz (bouzouki), Milla (percusións), Begoña Riobó (violín), Álvaro Iglesias (Contrabaixo) e a nova incorporación do violinista Irlandés Eoghan Neff, amósanos once temas que camiñan entre a composición e a tradición, entre as rías baixas e o mar de Irlanda. Unha mostra de virtuosismo e sensibilidade a partes iguais, que se ve incrementada coas colaboracións da famosa gaiteira de Northumbria Kathryn Tickell, as cordas de Pancho Álvarez e Luis Peixoto, Roi Adrio na percusión, a zanfona de Anxo Pintos, o acordeón de Jorge Arribas ou o grupo de estética Hindú Om/Off.