Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Discografía / GUADI GALEGO

GUADI GALEGO

BENXON

Xénero:
Solistas
Ano:
2009
Discográfica:
Músicas de Salitre

Descrición

Guadi Galego devece pola música tradicional galega. As súas cancións teñen ese sabor vello e novo a un tempo. Neste disco tivo o bo ollo de rodearse de grandes músic@s e letristas de aquí que revitalizan e perpetúan cunha visión contemporánea o noso rico e fermoso acervo popular. A inspiración e beleza dos arranxos veu dada quizais, polo amor profundo que profesan á nosa música e tamén ao traballo rigoroso de Guadi neste campo onde aínda hai tanto que arar. Foi cociñado na casa, entre amig@s, cos aloumiños precisos. Ben o puido facer ela soa, pero quixo amosar o incríbel mosaico de creadores de mundos polos que ela tamén transita valente, ecléctica e sen prexuízos. Do novo folk ao jazz, do tradicional ao pop. Hoxe está máis plena e madura ca nunca como compositora, letrista e intérprete e sabe moi ben de onde vén, cal é a súa orixe e sen perder de vista o berce, poderá alcanzar o universo todo coas mans. Da Paradanta a París, da Serra da Capelada á Habana.